31.8.06

Check your attic: Der Januskopf ( F. W. Murnau, 1920)



Der Januskopf é unha libre adaptación da obra de Stevenson o “Dr. Jekyll and Mr. Hyde, utilizouse a mesma argucia que tempo despois con Nosferatu (baseada no libro de Stoker, “Drácula”), para evitar pagalos dereitos de autor trocaron os nomes dos protagonistas. Trala denuncia da viúva de Bram Stoker, mandáronse destruír tódalas copias, afortunadamente xa estaba amplamente distribuída chegando ata os nosos días, con Der Januskop non houbo tanta sorte.

Facendo unha pequena sinopse da amplamente coñecida historia: o profesor Dr. Warren descubriu un beberaxe que sacaba o seu lado máis escuro e primario, Mr. O'Connor.

O título de Januskopf (cabeza de Janus), fai referencia ó deus da mitoloxía romana que ten dous rostros como dúas caras ten o personaxe central da obra.


Segundo as críticas da época era unha obra digna de F. W. Murnau, destacando os seus logros estéticos e a gran actuación de Conrad Veidt, interpretando con solvencia as dúas personalidades do seu personaxe (Warren/O’Connor) que non foi desmerecida polo resto do reparto. Entres estes topábase o actor Austrohúngaro (nado en Lugos ahora Lugoj, pertencente a actual Romanía), Bela Lugosi (mordomo do Dr. Warren) que traballou nunha decena de películas en terras xermánicas, actor convertido en mito que participou nos inicios de Hollywood e é unha auténtica icona das películas de “serie B”.




Conrad Veidt foi un importante actor na Alemaña de entre guerras, formouse na compañía de Max Reinhardt xunto ó propio Murnau e outro fato de importantes actores e directores da época. Tamén deu o salto a Hollywood fuxindo do Nazismo aínda que paradoxalmente tivo que interpretar papeis de Nazi nos filmes americanos, así interpretou a un dos personaxes máis estúpidos da historia do cine, o Maior Strasser, unha caricatura absoluta. Sempre ligado a personaxes escuros coma o somnámbulo perpetuo Cesare do Gabinete do Dr. Caligari ou o pianista Orlac de “Orlacs Hände”.

Máis avales en prol da calidade da produción (aínda que Murnau é aval suficiente), son o guionista Jans Janowitz (que xa traballara no guión de Caligari), Erich Pommer que produciu máis dun cento de películas na época dourada do cine alemán e riba de todo o virtuoso operador de cámara Karl Freund (máis tarde daría o salto á dirección en películas como “The Mummy”) con traballos tan importantes coma Letzte Mann (co propio Murnau), Varieté (para Dupont), Metropolis (Lang) ou Dracula.


Un filme que nestes tempos nos que árbores de polímero morren en van, merecía ser conservado.


12 comments:

  1. Pues igual hasta me la bajo, oye. Buenas recomendaciones, David_Holm. Al final me voy a aficionar en serio al cine mudo ;)

    ReplyDelete
  2. Más o menos el gallego se entiende. Y creo entender que está peli se perdió. O sea, que si consigues bajártela, avisa y recuperamos la joyita... ;-)

    ReplyDelete
  3. Jodein, si es que no me leí todo el texto porque andaba enferma :( vaya por Dios... pues ya no me la bajo xDD

    ReplyDelete
  4. Jo jo, pues yo estuve por seguirte la coña diciendo que había subtítulos en titles hechos por Federico1921... Check your attick es una "sección" donde hablaré sobre películas perdidas, tomando parte de la expresión que utilizan a veces en IMDb para los filmes que se dan por perdidos "This film is presumed lost. Please check your attic."

    ReplyDelete
  5. Pues si me hubieras seguido la coña no lo habría pillado porque andaba muy pocha. Así que momentos perdidos... eso sí, me la bajo xDDD

    Un saludo, David

    ReplyDelete
  6. Mejórate doodd, saludos

    ReplyDelete
  7. Ainda convalecente éste Conde xermánico despois das súas aventuras do estío ( ah, a dura vida da aristocrácia europea!... )atópase con comentários maldicentes encol "Der Januskopf" de Herr Murnau, asegurando que, tst, tst, tst... é un filme considerado perdido dende os tempos da República de Weimar.
    Lóxicamente non atoparán vostedes ese preciado nitrato neses ordinários faiados que tanto gostan, senón nos húmidos e escuros sotos que posúen a aristocrácia xermánica.

    Por certo, éste Conde xermánico levanta con xeito displicente, parte da súa cella dereita ( a esquerda sería todo un acto subversivo pra un aristócrata teutón... ) en recoñecemento deste exquisito diário moderno que con caligrafía redondeada e típica das clases medias, celebra, entre outros asuntos, eses fascinantes filmes silentes dos seus avós.

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

    ReplyDelete
  8. Oye! Gracias por los comentarios en las fotos!!! Me ha hecho mucha ilusión!

    ReplyDelete
  9. Gracias por tus comentarios... si me facilitas una dirección de correo te mando la foto del Ponte Vecchio a un tamaño decente... para que la puedas usar como fondo de escritorio.
    Saludos.

    ReplyDelete
  10. Me da el corazón que nuestro entrañable y querido Conde von Galitzien guarda un secreto en cuanto a esta pelicula de Murnau considerada desaparecida je je je
    Excelentissimo Señor Conde de Capranegra uy! perdon! Ferdinand von Galitzien si tiene usted alguna copia de "Der Januskopf"(1920)de F.W.Murnau espero algun dia pueda compartirla con estos sus humildes plebeyos y burgeses que le estarian eternamente agradecidos con tal contribucion a la difusion de esta Obra Maestra de nuestro amado Murnau.
    Sin mas.Atentamente le saluda un Burgues gentilhombre de la muy Noble y Valiente Ciudad de Vigo.

    ReplyDelete
  11. Anonymous2/1/08 01:04

    http://youtube.com/watch?v=R3O-bD-P4v0

    ReplyDelete
  12. Ola Anonymous... desafortunadamente non apareceu. O vídeo así presentado pode levar a engano, xa no pasado en Cine-Clásico dyonisos (que ten un comentario máis arriba) pensou que se trataba dunha nova real. Este vídeo, xunto a outros máis que tamén se encontran no Youtube, son parte dun trailer dunha película que non se fixo ( ou tal vez todos conformen unha curta), na que parte do argumento era o achado deste filme perdido de Murnau. Ou algo similar, investigueino un pouco máis no seu momento pero xa non me lembro ben. Pero vamos, que Der Januskopf segue tan perdida coma sempre.

    Saúdos

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...