13.8.06

Körkarlen (Victor Sjöström, 1921)




Unha lenda escandinava di que se un é o derradeiro en morrer na última noite do ano, durante os vindeiros 365 días terá que conducir o carro da morte, recollendo as ánimas dos defuntos dos seus corpos sen vida.
Körkarlen é unha obra monumental, Sjöström consegue conciliar o mundo máxico do carro da morte coa crueza da vida de David Holm (papel interpretado polo propio director). Un relato de ata que punto o alcohol e a vida poden cambiar a forma de ser dunha persoa. Unha obra sobre a vileza e o perdón.
A miúdo cométese o erro de pensar que no cine mudo a estrutura temporal é uniforme e sinxela. Unha das múltiples virtudes de Körkarlen é a mestría narrativa de Sjöström, capaz de utilizar múltiples flashbacks e á súa vez contar historias dentro deles sen que o espectador se perda. Toda a historia transcorre na mesma noite (a última do ano), nun breve espazo de tempo, aínda que mediante os flasbacks percórrense os últimos anos da vida de Holm.

Un importante logro de Sjöström é que consegue que o espectador sexa capaz de meterse na pel do personaxe, pasando ao longo da película por múltiples situacións e sensacións: camaradería, egoísmo, desolación, desprezo, esperanza, crueldade...

A nivel interpretativo tampouco se lle poden poñer pegas, Sjöström leva todo o peso da película, como demostrou na súa dilatada carreira era case tan bo actor coma director. O resto de actuacións non desentoan.

Unha película en definitiva que roza a perfección, sen nada negativo por comentar. Se acaso o innecesario dalgúns rótulos, que veñen adiantando feitos que quedan perfectamente constatados e explicados mediante imaxes, de todas formas disto non se pode culpar a Sjöström pois era habitual que as produtoras esixisen que a historia quedase ben explicada, e para iso todo intertítulo sería benvido.

Ata aquí unha análise xeral e superficial, a partir de agora advírteselle ao lector interesado en ver a película (calquera persoa con certas inquietudes cinematográficas debería estar interesada) que de aquí en diante poderanse desvelar partes importantes do devir da historia ou que fagan que a primeira visión de Körkarlen non sexa coa mirada tan pura como merece. Advertir tamén que tódolos comentarios son dende o punto de vista dun espectador, que pouco ou nada sabe de cinema e dos seus tecnicismos.
Como era habitual na época (e por herdanza teatral) filme está estruturado en capítulos ou actos.

Acto I
O primeiro acto resérvase ás presentacións, en primeiro lugar preséntasenos á irmá Edit (Astrid Holm), enferma de tuberculose, está no seu leito de morte. Antes de morrer quere ver a David Holm (por razóns que se descubrirán máis adiante), fai que vaian por el. Cambio de escenario que nos mostra ao reclamado, sentado nun cemiterio e acompañado polos seus camaradas de bebida, amósase o reloxo no alto do campanario, que lles asegura que saberán en que momento preciso entrarán no aninovo, pois é a derradeira noite do ano. Poucos minutos faltan para a media noite. Mediante un flashback preséntasenos a Georges (Tore Svennberg) quen conta a historia do carro da morte, curiosamente ese día (no presente), ea o primeiro aniversario do seu pasamento.

Acto II
Deterémonos por vez primeira na presentación da carreta fantasma para apreciar a mestría narrativa de Sjöström, como cun par de exemplos define o traballo do condutor da carreta. Amósanos a carreta, tirada por un cabalo, en ningún caso o traballo do condutor é agradable, porén, ten que levar a cabo a súa misión. Pódese apreciar na maneira de trotar do cabalo, primeiro, e na maneira de levar as rendas por parte do xinete, despois (ver foto un pouco máis abaixo), o ritmo pousado e resignado que levan. A carreta detense fronte a unha casa, nunha das habitacións:



Unha escena realmente brillante, especialmente a utilización do cigarro. A miúdo un dos últimos desexos dos condenados é fumar por derradeira vez. Segundo chega o final da secuencia o cigarro vaise solapando coa pistola ata que no último fotograma, o fume semella saír directamente da arma, adiantando o que pasará pouco despois. Máis cousas a apreciar, o plano inicial mostra unha habitación ampla e unha única persoa (o que de primeiras non nos fai pensar no asasinato, senón no suicidio), esta amplitude da estancia unida aos ornamentos e a vestimenta do home, sinala que a morte non fai discriminación entre as clases sociais, esta secuencia e a inmediatamente posterior (recolle unha ánima do fondo mariño) deixan perfectamente claro que sexa onde sexa e sexa quen sexa, o carro da morte estará aí. Para as escenas da carreta fantasma ou calquera na que aparezan as ánimas dos mortos, Sjöström utiliza con grandes resultados a técnica da dobre exposición, que xa utilizaba Méliès vinte anos atrás.


Neste punto rematan as presentacións e comeza o verdadeiro desenrolo da historia, o señor Gustaffson (Tor Weijden) dá por fin con Holm, coméntalle a situación de Edit e pídelle que a vaia ver, David Holm desprézao contestando negativamente, o policía marcha. Os seus compañeiros de bebida repróchanlle o seu xesto, se Edit o quere ver, ten que ir, a discusión vaise acalorando e os tres terminan nunha liorta que finaliza cunha botella estampada na cabeza de Holm, facendo que se esboroe. Na copia que puiden ver, probablemente a pasada no 2004 na televisión sueca, cando os dous borrachos tratan de comprobar se David Holm se atopa ben, comezan a soar as badaladas de media noite. Con toda seguridade, na versión orixinal non había estes efectos de son, pero sen eles, resulta igualmente evidente porque os dous borrachos levantan subitamente a mirada e o plano seguinte é un do reloxo con ambas agullas nas XII. Holm tendido inerte no chan, a carreta fantasma achégase ao lugar, cando a ánima do protagonista acorda saíndo do seu corpo, o condutor do carro da morte saca a capucha e mostra o seu rostro, é Georges, apesarado ao sentirse culpable da vida que levou David. A continuación un flashback (bastante amplo) que comeza coa secuencia na que Holm trunca a súa vida, secuencia comentada na sección uns centos de imaxes en movemento valen máis...
David Holm vai ao cárcere durante uns días por consumo de alcohol, nese tempo seu irmán (Einar Axelsson), que vivía con el e súa muller, baixo os efectos do alcohol mata a un home, polo que permanecerá moito tempo na cadea. David Holm comprende a vida que levou e lle deu a seu irmán, muller (Hilda Borgström) e fillas, e decide cambiar.


Acto III
Cando sae do cárcere vai directo a casa, a porta está pechada, baixo o felpudo, unha chave, ao entrar non atopa a ninguén, a muller cansa del, colleu ás fillas e marchou. Pregunta a unhas veciñas por ela, dinlle que marchou. Cando Holm pecha a porta, as mulleres comezan a mofarse del, o que non fai máis que aumentar a súa carraxe. Holm, molesto pola forma na que a súa muller o abandonara, decide percorrer o país na súa procura. A secuencia termina de forma brillante, David Holm ante o camiño que se antollaba longo, achega os beizos á billa da cociña e bebe, tomando forzas para todo o que lle espera.

Volta á actualidade, sentado no cemiterio con Georges, que decide non recordarlle as súas viaxes por todo o país, mentres o odio pola súa muller crecía. Pasa á última noite do ano, cando David Holm chegara a aquel lugar levando tanta infelicidade.
 
O exército de salvación abrira esa mesma noite un hostal, o personaxe central da historia foi o primeiro visitante, Holm, que tusía a miúdo. Namentres o borracho durmía nunha das habitacións, a Irmá Edit tomou a súa chaqueta desfeita e facendo fronte ao fedor e á infección, e desoíndo as pregarias de Maria (Lisa Lundholm), pasou a noite en vela cosendo e remendando a prenda. Naquela noite na que contraeu a tuberculose, pediu a Xesús Cristo que o seu visitante tivese un feliz ano. Cando amenceu e comprobou que a súa chaqueta fora arranxada, na cara de David Holm, por primeira vez en moito tempo, debuxouse unha expresión de certa felicidade e agradecemento. A Irmá Edit érguese cando xa ía saír pola porta, ambos, cara a cara:



A secuencia exemplifica a carraxe e crueldade de David Holm, Edit, lonxe de se alporizar pola noite de traballo e a infección en van, pídelle a David Holm que volva o ano próximo, porque pediu por el e quere comprobar se lle fixeron caso, el accede gustoso para mostrarlle que se equivoca, dentro dun ano seguirá a ser un desgraciado; prometida queda a súa volta.
Volvendo ao presente, Georges obrígao a cumprir coa súa palabra.

Acto IV
Cando chegan onda Edit, Holm é incapaz de facerlle fronte, mentres Georges fala con ela, David permanece nun recuncho, a irmá pídelle á Morte que espere un pouco máis, antes de finar ten que conseguir que o home a quen ama, faga o correcto, pois ela é a culpable da súa desgraza. Novo flashback:

David Holm é un borracho que leva a outros polo seu camiño coma antes fixera Georges, un ser amargado, rancoroso e cruel. Unha pequena mostra: unha muller está tusindo nun recanto, contra unha parede: “Que sentido ten ser tan mexeriqueira? Tamén teño tuberculose, pero eu tuso nas caras da xente, porque teño a esperanza de que morrerán. Por que debería irlle a eles mellor ca nós?”.

Durante unha reunión relixiosa, Holm dille a Edit que marchará pronto, pois ten que proseguir a súa busca. Curiosamente, a muller del estaba na sala, máis tarde, vai a ver a Edit e confésalle que é a ela a quen busca David. A monxa convence a Sra. Holm para que volva co seu home.

Acto V
Edit está moi enferma de tuberculose e non pode seguir co seu papel conciliador, a relación dos Holm é cada vez peor. É entón cando se nos presenta unha secuencia terrible, David Holm chega bébedo a casa e comeza a aporrear a porta, como as rapazas dormen, súa muller decide abrir. El entra fumando e con formas agresivas, tenta colgar o abrigo pero como cae ao chan, guíndao contra un recuncho dunha patada. Despois vai onda as nenas e comeza a perturbalo seu soño sen reparo ningún por tusir riba delas, a muller repréndeo. Marcha cara a un cuarto contiguo, a súa dona aproveita para fechar a porta, erguer ás nenas e tratar de marchar con elas, el trata de saír da habitación coa axuda dun machado, a muller ten un vaído e cae desmaiada no chan coas súas fillas abrazándoa. Holm consegue facer un burato na porta e abrir a fechadura. Manda ás rapazas de novo á cama e vai por un vaso de auga para que a súa muller acorde, non foi un acto de axuda, senón de egoísmo, “Non che será tan fácil escapar esta vez!”, a muller sabe que por moito que fuxa, sempre dará con elas. Todo o talento de Sjöström ao servizo dunha secuencia fantástica, mostrando a violencia sen golpes, e o cárcere sen barrotes. Como seguramente algún dos que non viron esta película desatendeu as miñas recomendacións, deixarémolo aquí. Unha obra mestra a que 17 lustros non lle restaron validez.





Normalmente só elixirei unha secuencia por filme nesta sección, e o análise será máis xeral e espero que menos torpe.



Sjöström amósanos a caída de David Holm utilizando idealizacións, nesta mesma secuencia (aínda que non no vídeo), vese a Holm traballando xunto a seu irmán nunha carpintería, non hai maior idealización dun traballo honrado, ca un no que se utilicen as mans propias. Escena familiar, rapazas pequenas, natureza, herba, flores, árbores e auga, unha secuencia idílica sobre a familia e a felicidade. Rapidamente e sen aviso previo, a muller, que exerce de directora (cociñando, presidindo o mantel e mantendo unidos a irmáns e rapazas) deixa o seu sitio a Georges, e David Holm cambia a cada unha das súas fillas por unha botella. Narrativamente é unha escena moi valiosa.


Máis sobre... Körkarlen
A película está baseada no libro de Selma Lagerlöf, “Körkarlen” (1912), grande escritora sueca que foi a primeira muller en recibir o Nobel de literatura. Acadou fama internacional coa súa obra "O marabilloso viaxe de Nils Holgersson a través de Suecia" (1907). Moi arraigada á súa cultura, a meirande parte da súa obra está baseada na historia e maneira de vivir do seu pobo. Os dous grandes mestres do cine sueco adaptaron varias das súas obras, Victor Sjöström (Tösen från Stormyrtorpet-1917, Ingmarssönerna-1919, Karin Ingmarsdotter-1920, Körkarlen-1921 e The Tower of Lies-1925) e Mauritz Stiller (Herr Arnes pengar-1919, Gunnar Hedes saga-1923 e Gösta Berlings saga-1924).

Outro dos grandes xenios da historia do cinema e o director sueco máis internacional, Ingmar Bergman, dixo sobre a figura de Sjöström e Körkarlen:El fixo a película máis importante da historia. Vina por primeira vez cando tiña quince anos. Agora véxoa polo menos unha vez cada verán, só ou con persoas máis novas. Vexo claramente como Körkarlen, ata en detalles particulares, influíu na miña vida profesional.” 

Queda ben clara a súa devoción por esta cinta ao longo da súa carreira cinematográfica, con referencias tan claras coma este marabilloso soño do mestre Isak Borg (interpretado polo propio Sjöström), na obra mestra Smultronstället (1957), onde se mesturan as inquedanzas de ambos xenios, moi similares, por certo. A admiración de Bergman a Sjöström e Körkarlen tivo a súa culminación en 2000 co filme para televisión, Bildmakarna:


Dirección: Ingmar Bergman
Reparto: Anita Björk (Selma Lagerlöf), Lennart Hjulström (Victor Sjöström), Carl Magnus Dellow (Julius Jaenzon), Elin Klinga (Tora Teje), Henry "Nypan" Nyberg (proxeccionista)

Sinopse:
Victor Sjöström presenta a Selma Lagerlöf os copións da súa película Körkarlen, baseada no libro da autora.

9 comments:

  1. Esta la tengo bajada desde hace tiempo pero aún no la he visto. Creo que me has convencido e igual hasta me la veo hoy. Eso sí, no me he leído tu texto, quiero esperar a haberla visto, así me aclaro más y no me hago ideas acerca de nada (que tampoco entiendo el gallego en su totalidad ;) ).

    Un saludo, majo :)

    ReplyDelete
  2. Lo mejor es no leer demasiado sobre una película antes de verla por primera vez. Decir de los subtítulos de Federico1921, que algunos son demasiado largos, y otros llevan tres o más líneas por lo que si ves las películas en un reproductor de sobremesa seguramente tendrás problemas. En el poco tiempo que puedo sacar estoy corrigiéndolos.

    Saúdos

    ReplyDelete
  3. Pues la he estado viendo este madiodía y me ha gustado mucho, sí señor. A pesar de que la historia no inventa nada (arrepentimiento, culpa, un espíritu que visita... todo eso ya lo habíamos visto), me ha gustado mucho la ordenación temporal y los flashbacks; de hecho, me han sorprendido gratamente y he disfrutado con la manera de enlazar secuencias y mostrar el tiempo.

    También me ha gustado mucho la manera de fusionar el rollo "carreta fantasma" con lo verdaderamente real de la historia, la mala vida, el alcohol, la culpa, la enfermedad...

    Los filtros de colores, como siempre, me han apasionado (me gusta mucho eso) y la música también me ha parecido que estaba muy bien (¿es la original?). Supongo que es una película que volveré a ver para ir pillando más cosas.

    Buena recomendación ;)

    ReplyDelete
  4. A propósito, ningún problema con los subs, con el Pioneer se ven perfectos ;)

    ReplyDelete
  5. Estaría por decir que la música no es la original, rara vez llega a nuestros días la música de las películas mudas, que no tenían porque tener una banda sonora. De rebote leyendo sobre la película llegué a un sitio sobre una compositora que trabajó en la banda sonora para el pase de la televisión sueca en 2004, quizá sea esta. Lo cierto es que la banda sonora está muy bien, cumple perfectamente con su misión.

    En mi reproductor sí que tengo problemas (es un Philips) con algunos subtítulos, seguiré corrigiéndolos a ratos.

    Me alegra que alguien se haya animado a verla.

    Saúdos

    ReplyDelete
  6. "David Holm é un borracho"

    Si ej que...

    ReplyDelete
  7. alonso_quijano2/9/06 00:22

    Una de mis películas favoritas de Sjöström. Sin duda una gran recomendación David (y un gran texto). Tuve la suerte de verla en un ciclo que hicieron en la filmoteca sobre el director sueco. Fue todo un descubrimiento.

    Quien no haya visto «The Wind» ya está tardando :) Mencionaría otras, pero aquí se trata de «Körkarlen» :P

    !Enhorabuena por este blog!

    Un saludo, David.
    Alonso.

    ReplyDelete
  8. Hola Alonso, con el tiempo (si esto sigue adelante sin incidencias) todas las silentes de Sjöström que se conservan tendrán su entrada en el blog; por supuesto también The Wind, buena recomendación. Era casi obligado empezar por esta. Antes de seguir con más Sjöström habrá tiempo para películas de otros directores.

    Gracias Alonso, saludos, espero poder empezar a escribir con cierta asiduidad a partir de mediados de mes.

    ReplyDelete
  9. Alonso_Quijano4/9/06 00:46

    Hola David!
    Qué bien lo de Sjöström! Estaré pendiente de tus comentarios ;)

    Y sí, mejor empezar por «La carreta fantasma», porque «El viento» ya es de su etapa norteamericana. No sé cuántas estarán disponibles, pero será un placer leer más cosas sobre este interesante director.

    En serio, por aquí tienes un lector más. Estoy también atento a tus recomendaciones sobre cine mudo!

    Un saludo,
    Alonso.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...