8.8.06

Lúa laranxa de agosto, arte, cultura e fama mundial

En que estraño lugar podes estar tombado en pleno agosto na praia cunha temperatura preto dos 303 K, namentres neva en abundancia baixo un alaranxado sol?

Somerxido na ría, as folerpas descenden suavemente con dozura e aterran na superficie mariña, porén a súa estrutura dista moito da harmonía, porén non se funden nun todo co mar, porén lonxe de devolver a meirande parte da radiación visible quedan cun bo anaco, porén na súa composición predomina o carbono, porén... non son folerpas senón faíscas, non é ningún recuncho da mente dalgún escritor de ficción, non é ningún remoto mundo nun afastado e curioso sistema solar, senón Galiza. Hectáreas de paisaxe de aparencia lunar, tons escuros e ausencia de vida, porén non é ningún satélite, senón Galicia.

Séculos de “progreso” e aínda non estamos preparados para case nada, somos incapaces de ter un plan de emerxencia para evitar tornar un fértil composto de moléculas de hidróxeno, osíxeno e sodio, nun impenetrable compendio de hidrocarburos; unha, outra e outra vez máis. Somos incapaces de facer corta lumes que funcionen, incapaces de ter o material necesario para combater as lapas, incapaces de destinar os cartos necesarios para manter o persoal preciso para preservar os nosos montes, cando o amiguismo e as arcas públicas dan lugar a centos de funcionarios expertos nas distintas sementes da cafeeira e excelsos xogadores de tute, escoba e buscaminas. Pero este mal secular non é o principal problema nestes intres.

Se por algo é famosa Galiza en toda Europa é por ser o principal provedor de compostos que proporcionan alegría á xente, que fan que os rapaces se convertan en homes aos ollos dos seus iguais, que crean realidades alternativas e gozosas... “Hey tío, tú eres gallego, ¿no?, ¿no tendrás algo por ahí?”.

Galicia está chea de novos ricos, con ostentosos automóbiles e cartos a moreas no “banco”, debaixo do colchón, nunha empresa de ou onde queira que os agochen. Esta orde de novos ricos chegou á súa actual posición por dúas vías, ben pola especulación do chan (a proliferación do cemento na costa galega comeza a ser desoladora) ou pola traída dende ultramar de “compostos da felicidade”.

Un, aínda que novo, fai tempo que deixou de ser inxenuo. Despois dun verán tranquilo no que o lume case que viviu exclusivamente nas lareiras, nun fin de semana ducias de incendios tornaban en gris a cada vez menos verde paisaxe galega. Curiosamente a maioría dos lumes están preto de núcleos urbanos e situados non lonxe do litoral. Se un se pon a pensar pode deducir, preto de núcleos urbanos? Haberá un interese inmobiliario detrás? Pero despois pensa, coa recente lei que prohibe a recalificación de terreos os trinta anos posteriores nos lugares asolados polas lapas, non ten sentido! Pero un segue pensando, cando foi a lei impedimento para a construción? E recorda as verbas da Porro no seu perfecto galego: “Bueno, ahora que ya están construídos no los vamos a tirar”.

Pero un non deixa de darlle voltas a cabeza, que certo é ese dito de que “máis sabe o Diaño por vello que por diaño”, tempo atrás cando chegaban os cargamentos de tabaco de contrabando para “despistar” un chisco ás autoridades que mellor que abrasar unhas cantas árbores. Xa dixen que un é novo e polo tanto pouco sabe do mundo, aínda que sabe escoitar, neste caso aos seus maiores. Resulta cando menos curioso que as costas que noutro tempo deran de comer ao pobo galego polo seu peixe e que agora dan de comer a catro gatos (con bonitas correas de ouro) polas súas “substancias máxicas”, estean rodeadas de lume. Terá alguén certo int€r€$€ en manter ocupada á xente con outras cousas namentres chegan e descargan impunemente esas substancias que nos dan “fama mundial”? Chegaría a febre conspiro-paranoica a este silente escribente?

Dende a miña fiestra contemplo a lúa cor laranxa, a través da brétema procedente dos cadáveres dos portadores de clorofila, ningún ruído polo avanzado da hora, nin sequera o queixume dos pinos (aínda que razóns teñen); penso por un intre que é unha escena fermosa, unha beleza que non quero, unha beldade que desexaría non volver contemplar.

Galiza está de loito, e non só os seus montes. Cun fin, a veces penso que é o único fin de todo comportamento humano, desprezouse á natureza, atentouse contra ela e destruíronse centos de exemplares para que uns cantos teñan un pouco máis de celulosa (que paradoxo!) de colorinchos. Morreron fauna e flora para que uns cantos aumentaran un pouco máis as súas fortunas desafortunadas, matáronse árbores, animais salvaxes e gando, persoas e touros. Efectivamente o loito en Galiza é extensible a ese evento que ben tendo lugar na “plaza de toros” de Pontevedra, escudándose na cultura (dende logo a nosa non) e no arte, uns energúmenos torturan sen límite a estes mamíferos, mentres outros miles de igual caste, berran de satisfacción dende as bancadas esa fatal verba que escoita o animal na súa agonía, é a última que captan os seus oídos ¡Olé!

6 comments:

  1. una entrada muy triste, pero con mucha verdad. No conozco la realidad gallega como para comentar, pero sí sé que ayer se me encogía el corazón al ver a los habitantes de las aldeas no querer abandonarla, intentando luchar contra el fuego con cubos de agua para no tener que dejar atrás a "su Galicia", toda su vida y su historia. Verdaderamente triste :( Un saludo

    ReplyDelete
  2. Recuerdo los grandes incendios del 94 que asolaron varias comarcas de Cataluña, algunos muy cerca de la zona donde vivo. Tuve que ir a Barcelona, y de vuelta a casa en coche estaban ardiendo los bosques a los dos lados de la carretera. Cuando dejé atrás los fuegos todavía el cielo tenía un color rarísimo, como en un eclipse, y los coches aparcados y la ropa tendida se cubrían de ceniza. A menos de un quilómetro de mi casa un policía de tráfico me detuvo y me multó por no llevar la pegatina de la ITV (la había pasado, pero me cambiaron la luna y todavía no le había puesto otra porque les llamé y me dijeron que no era obligatorio). ¡Estaban ardiendo 30.000 h de bosques y aquel inepto me estaba multando por una pegatina!

    Si hubiera tenido un poco más de talento aquel día habría escrito un post como el tuyo. Me he sentido muy identificado leyéndote, a pesar de los 1000 kms de distancia.

    ReplyDelete
  3. Hola David, por casualidad me encontré con tu comentario sobre Galicia y los fuegos que la consumen y he sentido una enorme tristeza por todo lo que se nos está yendo en esta maravillosa tierra.
    Hace pocos días recibí un e_mail de alguien que denunciaba la compra, por parte de especuladores sin escrúpulos, de todos los terrenos que componen el litoral edificable de la costa de la muerte. Estando tomando el sol en El Pindo, y viendo esas montañas que lo rodean y las aguas, todavia limpias, de la playa, pensaba como serían dentro de no muchos años, y sentí que mi corazon se encogía. Entre la usura desmesurada e impune de nuestros gobernantes, permitiendo la destruccion de los maravillosos pueblos costeros (despues empezarán con los del interior) y el fuego que devora nuestra fauna y flora, ¿que nos quedará a los gallegos?

    ReplyDelete
  4. Y aún en el norte podemos considerarnos afortunados y, en parte, aún la especulación inmobiliaria turística no se ha cebado con nosotros. Cuando terminen con el Mediterráneo ya les veo por aquí dando la brasa.

    Esperemos que esos fuegos terminen pronto.

    ReplyDelete
  5. Moi bo texto David, por desgracia tes razón en case todo. E por desgracia a min tamén me afecta. É penoso ver cómo Galicia é unha Marbella bestial (sobre todo as Rías Baixas) e non pasa nada. É penoso ver cómo hai quen "ten" que queimar o monte porque este ano non o contrataron para apagar lumes. É penoso que se contrate a xente a cambio de votos. É penosa a cultura caciquil da que non nos damos desprendido nin con Fraga no Senado. Está arraigada dentro dos galegos.

    A min o das recalificacións doeme especialmente, a miña horta é obxectivo de expropiación no plan urbanístico do Grove, para facer un parque para un edificio que construirán detrás. Simplemente para facer unha estrada no medio e que a fachada do novo edificio de ó parque en lugar de o Camposanto que é donde en principio debería mirar.

    O peor de todo é que aquí cómo en tantos sitios producese o gran fenomeno galego: a personalización do poder e da administración. Éste serve para beneficiarte ti e ós teus, mentres destrozamos o que é de todos.

    A verdade e que o que máis me gusta do artigo son as "" de progreso. ¿Progreso?

    Do capital, da especulación, do interese, da desaparición do que somos.

    Triste.

    ReplyDelete
  6. Estoy muy unida a Galicia ahora, mi hermano vive en Pontevedra y otro más en La Coruña. Y es una tierra de la que me enamoré cuando la vi por vez primera, hace ya muchos años.
    El viernes le hicimos una entrevista a una gallega y por poco no me eché a llorar en directo. Me volvieron a la mente los fuegos de hace tres años, que quemaron toda la Campiña de Valencia de Alcántara; los árboles pelados; el verde desapareciendo; el paisaje cambiado; la falta de sonido de los animales, huidos o muertos.
    Lo siento mucho, neninhos.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...