Check your attic: 4 Devils ( F. W. Murnau, 1928)

12.11.06




A rodaxe de 4 Devils (Os catro diaños) comezou en xaneiro do 28 e seguía a Sunrise no contrato de Murnau coa Fox.

A estrea do filme tivo lugar no teatro Gaiety de Nova York o 3 de outubro de 1928. Murnau repetía con Janet Gaynor coma protagonista feminina e única estrela do filme.

O guión corre a cargo de Carl Mayer, Marion Orthe e Berthold Viertel, este último o único acreditado. Parece que o propio Murnau se involucrou en alto grao nel.

A película comeza cando o pallaso do circo Cecchi coida das nenas Louise e Marion (Janet Gaynor cando maior) coma se foran fillas propias. Unha mañá chega unha muller cos fillos dos famosos acróbatas Rossy, que morreran facendo o salto mortal, para que foran instruídos no circo. Así o pallaso faise cargo dos catro orfos, Louise, Marion e os nenos Rossy (Charles e Adolf). Un día Cecchi chega borracho e fora de si, o pallaso decide fuxir cos nenos.


O pallaso vai actuando no circo que pode para sacar adiante ós rapaces, a tarefa non é doada, por momentos pasan fame e demais penurias aínda que o traballo do vello sirve para que os rapaces sigan formándose e poidan así algún día comezar a gaña-la vida por eles mesmos nun circo. O pallaso segue traballando namentres lle quedan forzas e adestra polas noites a seus “fillos”. Así nacen os acróbatas de sona mundial, os “4 diaños”.

Nesta historia aparece tamén (coma en Sunrise) a figura de femme fatale (Claire McDowell), unha dama rica encapríchase de Charles, facendo que descoide o seu traballo e consecuentemente arrisque a vida máis da conta en cada actuación.

Marion estaba namorada en segredo de Charles, non podía soportar ve-lo consumirse por culpa dalquela muller.

No último ensaio, con rede, durante o seu triple salto mortal, Charles cae. A actuación será sen rede, se maña comete o mesmo erro, será fatal. Marion pasa a noite á neve fronte a casa da dama esperando a que Charles saia. Fala con el e ábrelle os ollos con respecto a súa amante, Charles decide cortar con ela.

Charles déixaa pero a acomodada muller convídao a unha última copa, un último bico. Esa mesma noite ten que actuar, pero a dama consegue persuadilo para que beba e pase o tempo con ela, a moi pécora atrasa os reloxos da casa hora e media. Cando Charles se decata sae correndo para a actuación, chega co tempo xusto e non nas mellores condicións.


Alberto Codona foi o primeiro trapecista en incorporalo triple salto mortal ó seu espectáculo, o único nos anos 20, participou na rodaxe, non queda moi claro se facía as veces de especialista nas escenas de trapecio no filme ou se supervisaba as acrobacias para que foran o máis realistas posibles. Despois de realiza-lo salto, Codona collíase as mans do seu irmán que penduraba doutro trapecio. No filme, Charles, unha vez facía o triple collíase directamente o trapecio (lanzado por Marion), aínda que Codona dixo que era imposible Murnau contestoulle que había que facela, era necesario para a carga dramática da escena final aínda que perdera verosimilitude.

Na primeira versión rodada, que se preestreou en xullo do 28, Marion prefire a morte de ambos a que a dona llo siga destruíndo ós poucos, lánzase co trapecio, Charles non ten outro sitio onde agarrarse que no corpo da moza, Marion non ten foza suficiente para soportar ambos pesos e caen ó chan perdendo a vida. A preestrea tivo lugar en Fresno, San Jose e California na primeira semana de xullo. Varios dos que responderon ó cuestionario pediron que se mantivese ese final, así Richard Shelley Campell de Califronia di: “Así veñan os fans de Pollyanna todos xuntos, lle poñan un revolver no peito e lle pidan que o cambie. Mándeos ó inferno”.

Lonxe dos desexos de Mr. Campbell, e como era previsible, rodouse un novo final, o antigo non era admisible. Marion era a que caía, ferida de amor, aínda que salvaría a vida abrindo os ollos do seu amado. Xa de por si cambiar o final tráxico restaba moito do interese do filme, pero Fox non se detivo aí. Con Muranu fora da compañía polas diferenzas irreconciliables durante a rodaxe de Our Daily Bread, para a que a compañía incluso lle mudou o nome por City Girl (pasou de chamarse “O Pan noso de cada día” a “Moza de cidade”), na primavera do 29 os estudos reestrearían en Los Angeles, sonorizouse a cinta engadindo diálogos, que foron rodados a posteriori. Nova xente entrou no filme alterando non só ese final, senón infrinxindo cambios que alteraban substancialmente o ritmo e a narrativa (para peor), novo director, guionista e director de fotografía. Altérase a orde dos acontecementos, ata tal punto que Marion consegue falar con Charles antes de que sucumba os encantos da bebida e a carne na casa da dama, suprimindo por tanto a espera noitébrega baixo a neve. Para xustificar que Charles chegara con apertos á actuación, no camiño de volta e atropelado e levado inconsciente ó hospital. Unha vez no circo, é Marion a que cae pero sobrevive para dicirlle por fin a Charle que o ama, nun diálogo estúpido e demasiado explícito.

Outro éxito de William Fox, todo polo arte. A pesar dos estragos que fixeron na cinta foi unha das películas máis que máis recadou ese ano e F.W. Murnau seguiu figurando como director de tal despropósito.

É posible que con 4 Devils Murnau se resarcira dalgunha maneira da negación do proxecto de Varité, nun principio íase facer cargo o director da Westfalia pero Pommer decidiu que era mellor opción Herr Dupont porque entendía que unha persoa homosexual non era a máis adecuada para transmitir un erotismo heterosexual.



1 comentarios:

Dyonisos said...

Es Increible que una pelicula de tanta importancia en la época y que tuvo bastante seguimiento en la prensa debido a los Oscars conseguidos por "Amanecer" y estando una estrella como Janet Gaynor se haya perdido! No me lo creo! me niego! Parece ser que, según Luciano Berriatua: "Tan solo Charles Higham parecía convencido a principios de los años sesenta de la existencia de una copia en manos de un Coleccionista australiano". Pues a que espera ese hombre a hacerla pública! Estoy seguro que muchas compañias estarian gustosas de darle una gustosa cantidad de dinero a cambio! pero sobre todo, deberia ser menos egoista y compartir con los que admiramos el Cine de Murnau en particular y todo el Cine en general. Un Saludo mi querido David Holm.