8.12.06

Voceiros do silencio




Baixo este nome, Recanto Silente inaugura unha nova sección co fin de recoñecer/homenaxear a aqueles que manteñen viva a chama do cine mudo coas súas contribucións, ben achegando as copias á xente (mediante programas p2p) e/ou compartindo a súa sabedoría. Gustaríame dicir que a rede está ateigada deste tipo de xente pero se ben non é certo si hai un grupo de persoas afanadas neste propósito e que contribúen de forma altruísta a que os demais poidamos coñecer este mundo.

A forma de facelo non é máis que invitar a estas persoas a que publiquen unha (ou varias) entradas co cine silente como temática, claro está, e que escribirán sobre o que consideren oportuno, xa sexa unha pequena pincelada ou unha grande intervención, serán todas benvidas.

As intervencións serán no idioma do invitado, digo isto porque espero poder contar incluso con algunha firma un tanto exótica, nos casos do castelán e Portugués non creo que sexa necesario ofrecer tamén unha tradución pero noutros casos quizais sexa necesario (outra cousa é que dea feito).

Circunstancialmente inaugurará a sección bluegardenia (en parte unhas palabras súas axudaron a madurar esta idea) aínda que en breve me porei en contacto con outras persoas que desexaría que participaran tamén. Antes de publicaren a súa entrada (quizais algunha vez despois) falarei un pouco sobre esas persoas, as súas contribucións ao silente e onde atopalos (se teñen algún sitio web, ou os sitios onde acostuman facer as súas contribucións); a vida, obra e milagres, non son competencia deste sitio. Irei editando este mensaxe con esas verbas sobre cada un (se algún cree que hai algún dato incorrecto ou que convén facer algunha adición ou supresión que mo comuniquen).

bluegardenia (Roberto Amaba)
Nosferatu: Huida Imposible

Un dos máis prolíficos contribuíntes silentes, no panel da dereita pódese ver a ligazón á súa filmografía de cine mudo onde recompila as copias privadas que as persoas teñen a ben compartir coa comunidade p2p. Á parte deste colosal traballo, hai que agradecerlle moitas desas copias, presentadas de maneira exquisita. As súas contribucións non se deteñen no silente e abarcan tamén o cine sonoro e outras inquedanzas que podedes ler no seu blogue, Kinodelirio.



MurnauVsBuñuel
Mis comienzos y puntos de inflexión con el cine silente. Por MVsB

Máis aló de puntuais contribucións en forma de carteis (algún deles pódese ver en "O cine de Murnau en carteis") ou algún subtítulo, a razón de que MurnauVsBuñuel estea aquí ten a súa orixe nun 17 de Febreiro de 2005. Ese inverno nacía Cine-Clásico.com, comunidade que co tempo foi medrando e diversificándose ata a creación dun foro silente do que o propio MvsB é un dos proxenitores. Neste momento en canto a accesibilidade e novidades non hai outro en toda a rede. Dende a creación de Cine-Clásico ata a actualidade (21 de abril de 2007), MvsB foi o administrador e webmaster do sitio, empregando altruistamente o seu tempo para que o sitio seguise online e fose medrando con continuas melloras e ideas (sabendo ter iniciativa e sabendo escoitar). Digo altruistamente porque ao traballar dende un ordenador de prestado, sobran os dedos e dedas para contalas copias que se baixou, cousa que fai máis loable se cabe a súa labor. Agora vai a dedicar o seu tempo a outros proxectos (que espero lle traian máis recompensa) e Cine-Clásico terá que seguir o seu camiño con MvsB coma un usuario máis. Podédelo seguir no seu blogue, Expresión Surrealista:



Jaime López
La compañía del pianista en el cine mudo

Jaime pertence a unha caste case extinta, é pianista de cine mudo. Colabora con "La linterna mágica", as xornadas de Cine Mudo de Uncastillo, a programación "La Campana de los Perdidos", un pub zaragozano e o ciclo de Música y Palabra de Molinos en Teruel. Podedes atopar a súa música no seu blogue:



2 comments:

  1. Este blog cada día tiene mejor pinta, david_holm ¿de verdad te fías de Blue para que publique algo? :mrgreen: Muy buena pinta, sí señor...
    ;)

    ReplyDelete
  2. Tranquila que ya está baneado :mrgreen:

    Saúdos

    PD: Por certo, esta entrada non vai de Nosferatu, foi unha casualidade o photochop coa sombra de Orlock e que bluegardenia decidira exemplificar con Nosferatu.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...