22.1.07

Orixes do cine galego no Teatro Principal de Compostela

Por certo Conde silente souben de:

------------------------------------------------------
[19/01/2007 13:27] Os tres filmes máis antigos da cinematografía galega serán proxectados o vindeiro mércores 24 no Teatro Principal. O CGAI e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia inician así o ciclo 'Pioneiros do cinema', que levará por toda Galiza os documentais Botadura del acorazado Alfonso XIII (1913) e O Ano Santo en Compostela (1915), e máis o filme de ficción Miss Ledya (1916). A proxección destes filmes mudos no Principal, ademais, contará cun repertorio orixinal e específico de Abe Rábade Trío, que acompañará o visionado co piano como se facía antigamente. Este evento será gravado para a súa distribución.
O director xeral de Comunicación Audiovisual presentou este ciclo, que ten como obxectivos fundamentais descentralizar a difusión do cinema con respecto ao CGAI e á cidade da Coruña, e espallar e dar a coñecer o noso patrimonio audiovisual. Poderemos gopzar das primeiras imaxes en movemento conservadas sobre Galiza, que corresponden a un noticiario que recolle a chegada a Ferrol da comitiva real para asistiren á botadura dun acoirazado. O filme foi recuperado por Guillermo Escrigas e depositado no CGAI no 1917. É unha produción da barcelonesa Ibérico films, de 75 metros de fita en branco e negro, cunha duración de tres minutos. É curioso como os encadres das imaxes lembran a L'Arrivée d'un train en gare de La Ciotat, dos irmáns Lumière. Por outra banda, gozaremos de outro documental: O Ano Santo en Compostela, de produción portuguesa (Invicta Film, de Porto), recolle distintas procesións e peregrinacións a Santiago de Compostela. Compóñena 342 metros de metraxe en branco e negro que foron restaurados en colaboración coa Cinemateca Portuguesa.

Por último, o primeiro filme galego de ficción, Miss Ledya, do vigués José Gil, inspírase nun argumento de Rafael López de Haro, e conta con Afonso Rodríguez Castelao entre o elenco. O filme foi restaurado pola Filmoteca Española e o CGAI a partir de material recuperado polo Museo Provincial de Pontevedra. Para porlle son a estes filmes, aínda unha década anteriores aos comezos do cinema sonoro, contaremos cun dos mellores músicos do jazz galego, Abe Rábade, quen sentará ao piano acompañado por Bruno Pedroso á batería e o contrabaixista Nelson Cascais.
------------------------------------------------------
Fonte: Vieiros


Aínda que as datas non acompañen farei por ir, se finalmente acudo xa falarei sobre os filmes, aínda que semella que o valor será máis arqueolóxico que artístico.

Saúdos

5 comments:

  1. Prégase con non incomoden vostedes ós palcos privados, cos seus ruídos ordinarios e acompasados dende o galiñeiro, ese lugar ó que pertencen por dereito própio, natürlich!.

    Será dende logo unha bizarra soirée silente pra un aristócrata teutón, tendo en conta que non hai un elegante cuarteto de cámara barroca pra amenizar tan arqueolóxico evento cinematográfico... en troques, a conspiración melenuda opta por unha banda de música moderna e desafinada, unha evidente provocación pra as clases aristocráticas, certamente...

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

    ReplyDelete
  2. Pois ó final non asistín a proxección, fun o martes polo Principal para ve-la hora e iso pero non estaba anunciado. Estiven chamando por teléfono pero non conseguín que mo colleran, co que decidín ir por alí a ver si había sorte o mesmo mércores, despisteime un pouco da hora e cando cheguei as nove e pico vin que agora si que colgaran o cartel anunciándoa (non sei que utilidade ten colga-lo o día mesmo da función) e empezara ás 20:30 co que volta para casiña, mágoa.

    O Conde Silente si acudiu, podedes ler sobre a sesión no seu diario moderno

    Saúdos

    ReplyDelete
  3. www.estevoaei.livejournal.com4/5/07 01:05

    Miss Ledya chega co seu tío á Illa da Toxa. Alí hospédanse tamén os reis de Suevia. E chega á illa un anarquista ca intención de matar ó rei. Pero Miss Ledya evítao, aínda que o anarquista cáusalle bastante simpatía coma persoa. Finalmente acaba con todos felices, mesmo cunha voda oficiada por un pastor protestante (interpretado por Castelao)
    Moi bonitos exteriores, por exemplo no Lérez baixo o mosteiro de San Benitiño.

    Foi dirixido por José Gil, sendo a súa única obra de ficción. Hai moito suspense, como cando o coche se acerca ó cable destinado a guillotinar as cabezas dos ocupantes, ou a persecución do anarquista, con pistolas incluídas.
    Unha obra con moito valor histórico, e ben restaurada, que mantén as explicacións orixinais (en castelán), e que fixo os títulos de crédito en galego.
    O reparto compóñeno Fefa X. de Sandoval (Miss Ledya), Víctor Mercadillo (Mister Kazton), Marina Fonseca (Márgara), Antonio Blanco Porto (Carlos), Fausto Otero (Rusquin), Margarita Berben (Miss Katia), Manuel Espárrago (secretario), Petra gaztambide, Clara Sobrino, Teresa Borrás, Isidoro Millán, Félix de Rojas, Antonio Caramés e José X. de sandoval.
    Dirixiuna José Gil, baixo un guión de Rafael López de Haro.

    ReplyDelete
  4. Graciñas foras quen foses, a páxina www.estevoaei.livejournal.com non existe.

    Saúdos

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...