2.3.07

Phantom (F. W. Murnau, 1922)


"Eu... son un poeta... un home sen fortuna... que persegue a unha sombra... a unha pantasma!"



Lorenz Lubota (Alfred Abel) decídese a escribir a historia da súa vida a petición da súa muller, Marie Starke (Lil Dagover), axudaralle a aliviar a súa pena:
Lorenz era un secretario do axuntamento, vivía feliz cos seus libros e anhelaba converterse en poeta. Un día unha carruaxe tirada por dous cabalos brancos, levou por diante a Lorenz que ía distraído lendo nun libro que acaba de mercar. Tras uns breves instantes recobrou a consciencia, ao abrir os ollos, contemplou algo que mudaría a súa vida para sempre: diante del, unha mociña loura, máis fermosa que calquera cousa que contemplase na súa vida. Cando comprobou que se atopaba ben, a moza volveu subir á carruaxe e marchou, Lorenz seguiu coa mirada a súa marcha uns instantes e desatendendo a un neno que lle recollera o chapeu que perdera no accidente, saíu trala dama a fume de carozo, despois dun bo anaco de persecución, chegou á súa casa, unha casa de ricos.

Marie (que amaba a Lorenz en segredo) e seu pai, que traballaban nunha libraría, comprobaran que as poesías de Lubota eran realmente boas, o vello incluso o cualificou de xenio. Tanto lle gustou, que llo mandou a un afamado crítico literario para que comprobase a súa calidade.
A irmá de Lorenz marchara da casa, tiña pensado algo mellor para ela que pasar a vida naquel burato.

As loanzas dos Starke, pai e filla, fixeron voar a imaxinación e perspectivas de Lorenz, íase converter nunha persoa famosa. A súa inminente fama deulle forzas para ir á casa dos Harlan a ver a Viktoria (Lya De Putti), nome que por fin coñeceu cando llo preguntou a unha meniña que xogaba na fonte diante da casa do señor, deulle unha moeda, a última moeda, como recompensa pola información. Cando estaba no limiar decatouse de que non podía entrar a esa casa sen ter un can no peto e con esas pintas, deu media volta.

Foi onda súa tía Schwabe, que rexentaba unha casa de empeño. Ante as brillantes perspectivas de futuro do rapaz, a vella emprestoulle algo de cartos para que puidese presentarse ante o prestixioso editor, que a bo seguro lle querería publicar a súa magnífica obra. Paralelamente, Murnau móstranos como o crítico literario volve á libraría a dicirlle ao vello Starke, que de ningún modo aquelas poesías eran publicables. A desilusión de pai e filla é total. Lorenz recibe os cartos da súa tía e marcha de compras, non sen levarse tras de si a Herr Wigottschinski, un home que lle facía as beiras á vella, calquera cousa con tal de quedarlle cos cartos.

Da noite a mañá e por aquel accidente (que rememorará durante todo o filme), a vida de Lorenz Lubota truncouse, de ser feliz coa súa vida humilde pasou a afanarse nunha muller que non estaba ao seu alcance, tentando vivir unha vida que non lle correspondía. Acabou por se destruír a si mesmo e ao seu entorno, dende a súa tía Schawabe ata a súa irmá que levou aos brazos do interesado Wigottschinski. Como acabou aprendendo, todo nesta vida ten o seu prezo: para manter a súa nova vida de luxo, os traxes, a champaña, esa moza a que se arrimou por parecerse tanto á súa Veronika Harlan... eran precisos uns cartos que Lubota non tiña.


Esta non é unha das películas máis famosas de Murnau, porén, estamos ante un filme sobresaliente.


Hai bastante para analizar, botarémoslle ollo a un par de detalliños:

Non hai volta atrás se marchas

Melanie está convencida de marchar da casa, a súa nai pídelle que o pense, se marcha xa non haberá remedio:






Podemos ver como cando Melanie sopesa a súa decisión por última vez, o reloxo do fondo, coa axitación do péndulo suxire que a decisión debe ser tomada sen demora.


Fuxir non podo
Lorenz rememora unha e outra vez o accidente que truncou a súa vida:






Ao longo do filme Lorenz Lubota recorda en múltiples ocasións ese accidente que mudou todo. Neste caso vemos a exposición máis brillante, volve a vivir, literalmente, a situación (mediante unha sobreimpresión), terminando rendido na porta dos Harlan. Chegou a un momento de tal desesperación que a realidade e os recordos se mesturan para dar lugar a unha atmosfera opresora.




A cidade sobre os ombros



A vella Schwabe descubriu o timo do seu sobriño, deulle un ultimato, ou paga ou irá a cadea. Ao novo Lorenz, vénselle o mundo enriba, literalmente, neste caso a cidade, os propios edificios perségueno e acurrálano. Esta situación ten pouca saída posible. Sensacional durante toda a cinta a conciliación do mundo interior de Lorenz coa propia realidade dando lugar a secuencias tan magníficas coma esta.


Elenco
Un reparto con poucas fisuras, destaca a parella feminina Lil Dagover (cunha amplísima carreira silente en Alemaña) e Lya De Putti (que traballaría as ordes de Murnau tamén en Der Brennende Acker, ao igual que o protagonista masculino) e por riba de todos Alfred Abel.



Alfred Abel (1879-1937)


Traballou con Murnau noutras dúas películas, a xa citada Der Brennende Acker e Die Finanzen des Großherzogs (que terá tamén a súa entrada en Recanto Silente). Estamos ante un dos meirandes actores da era silente alemá, traballou para moitos dos grandes directores do período: Robert Wiene, Fritz Lang, Richard Oswald, Ernst Lubitsch, Lupu Pick... O seu papel máis recordado é o do autoritario Señor de Metropolis (Lang, 1926), porén, este papel nada ten que ver con ese.
Para empezar, interpreta a un rapaz bastante máis novo do que era en realidade (contaba con 43 anos); aínda que en ningún momento se diga a idade, pódese concluír que o personaxe non supera en ningún caso a trintena. Abel consegue unha interpretación verosímil, guía ao espectador a través dunha viaxe na que un soñador se converte nun desgraciado, dá vida a un ser maleable polas persoas e circunstancias.

Durante moito tempo (incluíndo o hoxe e seguramente o mañá) a Phantom atribuíuselle en España o título de "El nuevo Fantomas", calquera que vise Phantom e que coñeza ao personaxe creado por Marcel Allain e popularizado no cinema polo serial de Louis Feuillade, "Fantomas", será incapaz de entender o porqué dese título, é imposible facer pasar a este filme por unha continuación do serial. Tan imposible, que como descubriu Berriatúa, todo se debe a unha equivocación que pasou de xeración en xeración, alguén meteu o zoco case que polos tempos da estrea, Phantom e Fantomas soábanlle parecido, confundiu os títulos e eu copio de ti, e ti de min... e ata os nosos días. En realidade si existiu ese El nuevo Fantomas, de título orixinal Fantomas, era unha produción Fox dirixida por Edward Sedwick en 1920, que se estreou en Madrid no 23.

O guión é obra de Thea von Harbou, que neste 22 contraería matrimonio co gran director vienés Fritz Lang, tras divorciarse dun dos grandes da interpretación xermánica, Rudolf Klein-Rogge. O guión é unha adaptación dunha novela do prusiano Gerhart Hauptmann, publicada nun diario berlinés. Os detractores da guionista, principalmente durante a súa relación persoal/profesional con Lang, acusábana da introdución de clixés nos seus guións. Neste caso non se aprecian eses problemas, estamos ante un guión que se ben non se pode cualificar de brillante, carece de lagoas e no seu conxunto é un moi bo traballo.

7 comments:

  1. Qué tal,

    Estupendo volver a tener entradas sobre películas porque como ya comenté en el schloss del conde decadente hay poco sitios silentes con información directa y no reciclada una y otra vez.

    De Phantom siempre tendré grabados los planos finales. Creo que es de las películas más olvidadas de Murnau, tal vez por menos vista.

    No sé si habrá ripeos nuevos porque los que había dejaban mucho que desear. El dvd no es gran cosa pero se podría sacar algo decente.

    Un saludo.

    ReplyDelete
  2. Aquí andamos,

    Mi intención, al menos durante un tiempo, es incluir una película por semana (otro tipo de entradas a mayores) y como dices es importante que, en la medida de lo posible, la información no sea reciclada, no tendría mucho sentido, por ahora no ha sido así (al menos conscientemente), ni lo será. Otra cosa es que tenga algún valor.

    La copia que tengo (que es la que circula por ahí, es el pase de la TCM de una restauración de 2002 o 03) desde luego deja mucho que desear, que yo sepa no hay nuevos ripeos. Si dices que del DVD se puede sacar algo decente... :mrgreen:

    Saúdos blue, voy a por la de esta semana, película alemana de un director con sólo 2 películas (la otra si no está perdida poco le falta, bueno, filmportal dice que hay una tercera aunque aporta poco más que el título).

    ReplyDelete
  3. Excelsa información a súa, mein leiber Herr Holm, encol do filme de Herr Murnau ( hai que salientar que desta vegada éste seu Herr Von está nun deses cafés con tecnoloxía moderno a xogo, o que significa que pode desfrutar ó instante deses anacos dos filmes que vostede comenta e inclúe no seu diário moderno, moi esclarecedores e enriquecedores, natürlich! ); ese filme do célebre director xermano foi comentado no seu día por este aristófrata teutón no grupo de noticias hispánicas, despois de ollar un pésima copia non restaurada e, lóxicamente, con rótulos en teutón.

    Dispón este aristócrata da mesma cópia restaurada quen vostede víu, polo que, despois de lér os seus interesantes comentários, será unha magnífica excusa para recuperar, desta vez de xeito concienciado, ese filme do grande director alemán en perfectas e prístinas condicións.

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

    ReplyDelete
  4. Excelsa realmente, la lectura del sito es un placer. Una pregunta: hace unas semanas he leido que Berriatua ha encontrado una nueva copia de Phantom, en Chile. Sabes algo?

    ReplyDelete
  5. No, la verdad es que lo desconocía hasta leerte a ti, veo además que fue ya hace meses cuando sucedió, aunque por la red no se encuentre apenas información. No sé si aportará algo a las copias existentes o no, de todas maneras es una gran noticia que bien entrado el siglo XXI sigan apareciendo filmes, señal de que el futuro todavía nos deparará sorpresas. Si me entero de algo sobre la copia, ya te lo contaré.

    Saúdos Thea, gracias por comentar.

    ReplyDelete
  6. La copia de Phantom encontrada en la Cineteca chilena: http://www.cinerecobrado.cl/phantom/

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...