
Nesta ocasión serei especialmente breve, a copia que puiden contemplar non está nas mellores condicións, se nun futuro consigo algo mellor escribirei algo máis.
Hinrich (Paul Hartmann) é o fillo do Señor de Grieshuus, gosta de saír a cabalgar coa compaña dos seus cans. Tombado sobre a verde (isto... gris) herba, escoita os gritos dunha muller. Como bo cabaleiro andante acude na axuda da rapaza, mándalle unha malleira ós asaltantes e queda namorado para sempre daquela rapaza, Barbara (Lil Dagover), filla dun dos criados de seu pai.
Herr Hinrich ten un irmán, Detlev (Rudolf Forster), que ten como parella á estirada viúva do Conde Orlamünde. A relación entre Detlev e Hinrich é distante.

Detlev ven de visita, Hinrich recoñécelle a seu pai que está namorado de Barbara e que vai casar con ela. O pai non pode aceptar este casamento, a filla de Owe Heiken é unha criada, e polo tanto carece de dereitos, o vello racha co seu testamento, Hinrich non poderá herdar Grieshuus.
A visita de Detlev tiña como único motivo esclarecer a súa herdanza, o pai ante o materialismo do fillo reafírmase como Señor de Grieshuus, seguirá séndoo durante moitos anos máis. Ben non terminou o seu discurso, cando un ataque ó corazón deixou orfos a Detlev e Hinrich. Tralo pasamento do Señor, ambos irmáns disputan a herdanza, quedando as portas de Grieshuus pechadas para todos.
Hinrich e Barbara casan, e teñen un fillo, pero a felicidade non durará.
Detlev vai ver a Barbara, ensínalle a moza un papel (non sen antes preguntarlle se sabe ler), “os nobres que casen con criados perderán a súa condición de libres e os seus fillos nacerán sen dereitos legais", recomendoulle á rapaza que anulara a súa voda e fuxira de alí tan rápido como puidera, a moza do desgusto tornou enferma. Hinrich encolerizado, foi polo seu irmán...
Penso pois (e a falta de poder goza-la como se merece) que é unha película moi recomendable. Unha das grandes produción alemás, a destacar os deseños arquitectónicos, tras eles están Walter Röhrig (culpable de marabillas coma os decorados de Caligari, Der Letzte Mann ou Der Müde tod), Robert Herlth (que compartiu traballo en moitas con Röhrig) e Hans Poelzig (Der Golem). Temos por tanto entre a arquitectura e os fermosos paraxes naturais, árbores, herba, regatos, animais... unha ambientación moi atractiva para unha interesante historia, aínda que non demasiado orixinal (unha adaptación da novela de Theodor Storm a cargo, unha vez máis, de von Harbou).
A dirección de Arthur von Gerlach (1876-1925) non ten pegas, no inicio da película cando a historia transcorre tranquila e idílica, a fotografía é luminosa e o ritmo lento, para segundo transcorren os acontecementos mudar a un ritmo máis rápido e unha fotografía tan escura coma o presente dos personaxes. Delicioso o rodaxe en exteriores, non fai alardes narrativos, nada máis alá dun par de elipses, pero para ser o seu segundo filme, o resultado é impecable.
A figura de Arthur von Gerlach é enigmática, en IMDb só constan dúas películas, esta e Vanina oder Die Galgenhochzeit de 1922 (con guión de Carl Mayer). Filmportal engade unha última, Junker Hinrichs verbotene Liebe (1925), 1925 foi o ano no que terminou a rodaxe de Zur Chronik von Grieshuus e tamén o ano do seu falecemento (tiña 49), descoñezo as causas desta morte prematura, non sei se esta última película quedou nun proxecto ou se realmente se realizou, a información é escasísima, clicar no enlace anterior para vela. Von Gerlach chegou ó cine no ano 1919, á produtora PAGU (Berlin), no 22 pasaría á UFA. Anteriormente traballara no teatro, obras dende Shakespeare a Strindberg, e na ópera, de Mozart a Wagner.
No seu día Variety, descoñezo quen firmou o artigo, publicou isto:
(…) AT THE GREY HOUSE. It’s a Ufa. The initials
may mean UnFunnyAbsolutely. If this isn’t the
worst moving picture in the world, it will do till the
worst comes along. Soppy, sloppy, as natural as a
wooden duck, and as intelligent. This is a wild
shot at being Ibsen-esque. Without the consent of
Ibsen. The action is slow. Old men abound, with
lots of Heinie horsemanship of no consequence.
Then the startlingly original idea of having master’s
son fall for servant’s daughter. Program calls
her „lovely Lil Dagover.“ She may be lovely in
spirit. Spirit doesn’t close-up very good. Not for
lovely Lil, anyway. But she looks like a servant’s
daughter. But not one that the master’s son would
lose his inheritance over. She plays with tame
animals, looks coy and is so surprised when the
bad actor who plays the lover lets her in on his
pash. His wicked brother takes advantage of the
situation to get the Grey House and the bankroll
that were to have been the bad actor’s heritage
when the wiskered old gent drops of heart disease
very awkwardly – very awkwardly for the lovestruck
son and very awkwardly for the film technique.
It runs on forever. In time justice is done.
Nobody cares. (…)
Variety (Hollywood) 23-11-1927
A realidade da película, afortunadamente, está lonxe da devastadora imaxe de Variety.










2 comentarios:
Hola, hace unos días que llevo viendo tu blog, además de seguirte por divxclasico.com. Desde hoy te añado en mi lista de enlaces en http://pasionsilente.blogspot.com/, otro blog dedicado al cine mudo. Precisamente mi última entrada fue sobre Variété. Un saludo
Gran noticia que vayan apareciendo más sitios silentes, veo que lleva unos cuantos meses online aunque no lo conocía. Gracias por el link, añado Pasión Silente a la lista de enlaces silentes.
Saúdos
Post a Comment