30.6.07

Listas, listas, listas...

Recentemente o American Film Institute (AFI), sacou na conmemoración do seu AFI'S 100 YEARS...100 MOVIES, unha nova listaxe. En tódolos medios de comunicación se vendeu como a elección dos mellores filmes da historia cando ó ser o Instituto Americano só entraban a concurso os filmes estadounidenses.



1. "Citizen Kane," 1941.
2. "The Godfather," 1972.
3. "Casablanca," 1942.
4. "Raging Bull," 1980.
5. "Singin' in the Rain," 1952.
6. "Gone With the Wind," 1939.
7. "Lawrence of Arabia," 1962.
8. "Schindler's List," 1993.
9. "Vertigo," 1958.
10. "The Wizard of Oz," 1939.

Máis ou menos o esperado, misturando un pouco de todo en xéneros e épocas, a época silente non merece ningunha no top10.
Pros: Realizado por xente que presuntamente domina o tema.

Contras: Vinculación a industria, conveniencia de primar películas por historia e temática... coma todo o que veña das autoridades, hai que facerlle o caso o xusto.

Quedando as silentes, que é o que nos ocupa da seguinte maneira:

11. "City Lights," 1931.
18. "The General," 1927.
49. "Intolerance," 1916.
58. "The Gold Rush," 1925.
82. "Sunrise," 1927.

Se un só vira do cine americano Sunrise, diría "Foder, nese país fixéronse 81 filmes mellores que Sunrise, deben ter unha cinematografía realmente caralluda!"

Aproveito para repasar algunha outra lista das que está acugulada a historia.

Nesta mesma liña podemos falar de outras listaxes institucionais/ creadas por críticos.



Utilizaremos a lista de listas, que aglutina todas estas. Sería un exercicio interesante para sacar unha listaxe sen orde, pero sacaron un ranking, cando hai en listas nas que nin sequera se consideran certas películas.

A cousa quedou así:

1 Citizen Kane (Welles, Orson; 1941; US)
2 Rules of the Game, The/La Regle du jeu (Renoir, Jean; 1939; France)
3 Vertigo (Hitchcock, Alfred; 1958; US)
4 2001: A Space Odyssey (Kubrick, Stanley; 1968; UK)
5 8½ (Fellini, Federico; 1963; Italy)
6 Seven Samurai, The (Kurosawa, Akira; 1954; Japan)
7 Godfather, The (Coppola, Francis; 1972; US)
8 Searchers, The (Ford, John; 1956; US)
9 Tokyo Story/Tokyo monogatari (Ozu, Yasujiro; 1953; Japan)
10 Singin' in the Rain (Donen, Stanley/Gene Kelly; 1952; US)

Aquí semella que para darlle un presunto valor, misturaron diversas nacionalidades, as silentes seguen sen ser dignas dun top10.

As silentes:

11 Sunrise (Murnau, F.W.; 1927; US)
12 Battleship Potemkin/Potemkin (Eisenstein, Sergei; 1925; Russia)
13 Passion of Joan of Arc, The (Dreyer, Carl; 1928; France)
22 City Lights (Chaplin, Charles; 1931; US)
37 Gold Rush, The (Chaplin, Charles; 1925; US)
44 Intolerance (Griffith, D.W.; 1916; US)
66 Sherlock, Jr. (Keaton, Buster; 1924; US)
71 Metropolis (Lang, Fritz; 1926; Germany)
83 Nosferatu (Murnau, F.W.; 1922; Germany)
84 Man with a Movie Camera, The (Vertov, Dziga; 1929; USSR)
115 Earth/Zemlya (Dovzhenko, Alexander; 1930; Russia)
119 Napoleon (Gance, Abel; 1927; France)
120 Broken Blossoms (Griffith, D.W.; 1919; US)
122 Birth of a Nation, The (Griffith, D.W.; 1915; US)
143 Cabinet of Dr. Caligari, The (Wiene, Robert; 1919; Germany)
179 Crowd, The (Vidor, King; 1928; US)
189 Pandora's Box (Pabst, G.W.; 1928; Germany)
198 Un Chien Andalou (Bunuel, Luis; 1928; France)
199 Nanook of the North (Flaherty, Robert; 1922; US)
216 Last Laugh, The (Murnau, F.W.; 1924; Germany)
218 Navigator, The (Keaton, Buster/Donald Crisp; 1924; US)
221 Tabu (Murnau, F.W.; 1931; US)
224 Les Vampires (Feuillade, Louis; 1915; France)
238 Strike/Stachka (Eisenstein, Sergei; 1924; USSR)
276 October/Oktyabar/Ten Days That Shook the World (Eisenstein, Sergei; 1927; Russia)
278 Kid, The (Chaplin, Charles; 1921; US)
332 Wind, The (Sjostrom, Victor; 1928; US)
365 Our Hospitality (Keaton, Buster/John Blystone; 1923; US)
371 Circus, The (Chaplin, Charles; 1928; US)
375 Cameraman, The (Keaton, Buster/Edward Sedgwick; 1928; US)
459 Wedding March, The (von Stroheim, Erich; 1928; US)
476 Seven Chances (Keaton, Buster; 1925; US)
506 Le Voyage dans la lune/A Trip to the Moon (Melies, Georges; 1902; France)
588 Phantom Carriage, The/Korkarlen (Sjostrom, Victor; 1920; Sweden)
593 Faust (Murnau, F.W.; 1926; Germany)
620 Menilmontant (Kirsanoff, Dimitri; 1926; France)
645 Dr. Mabuse: Der Spieler/Dr. Mabuse: The Gambler (Lang, Fritz; 1922; Germany)
697 True Heart Susie (Griffith, D.W.; 1919; US)
712 He Who Gets Slapped (Sjostrom, Victor; 1924; US)
727 Diary of a Lost Girl (Pabst, G.W.; 1929; Germany)
743 Happiness/Schastye (Medvedkin, Aleksandr; 1934; USSR)
766 Show People (Vidor, King; 1928; US)
794 Tih Minh (Feuillade, Louis; 1918; France)
806 Berlin, Symphony of a Great City (Ruttmann, Walter; 1927; Germany)
824 Foolish Wives (von Stroheim, Erich; 1922; US)
826 L'Argent (L'Herbier, Marcel; 1928; France)
853 City Girl (Murnau, F.W.; 1930; US)
855 Adventures of Prince Achmed, The (Reiniger, Lotte; 1926; Germany)
868 Spies/Spione (Lang, Fritz; 1928; Germany)
885 Moana (Flaherty, Robert; 1925; US)
886 Queen Kelly (von Stroheim, Erich; 1928; US)
887 Warning Shadows/Schatten (Robison, Arthur; 1923; Germany)
891 Storm Over Asia/Potomok Chingis-Khana (Pudovkin, Vsevolod; 1928; Russia)
903 Mother/Mat (Pudovkin, Vsevolod; 1926; USSR)
937 Way Down East (Griffith, D.W.; 1920; US)
957 Big Parade, The (Vidor, King; 1925; US)
964 Hallelujah! (Vidor, King; 1929; US)
974 Italian Straw Hat, The (Clair, Rene; 1927; France)
989 General Line, The/Old and New (Eisenstein, Sergei; 1929; USSR)
995 End of St. Petersburg, The (Pudovkin, Vsevolod; 1927; USSR)
1000 Docks of New York, The (von Sternberg, Josef; 1928; US)


Parece que no posto 11 se lembraron de que existía o silente, marcáronse 3, un par por aquí ,tres por alá, foron intercalando un pouco ó chou. A selección de películas parece francamente boa pero o estudo perde seriedade cando sitúas a 587 películas por diante de Körkarlen.

Pros: Para a listaxe utilizaron moitas listas de diversos lugares

Contras: Non está claro como utilizaron cada unha das listas.

A xente vota

Por outra banda están as listaxes elaboradas cos votos dos usuarios das páxinas, cun valor aparentemente máis democrático.



Rank Rating Title
1. 9.1 The Godfather (1972)
2. 9.1 The Shawshank Redemption (1994)
3. 8.9 The Godfather: Part II (1974)
4. 8.8 Buono, il brutto, il cattivo, Il (1966)
5. 8.8 Pulp Fiction (1994)
6. 8.8 Schindler's List (1993)
7. 8.8 Casablanca (1942)
8. 8.8 Star Wars: Episode V - The Empire Strikes Back (1980)
9. 8.8 Shichinin no samurai (1954)
10. 8.8 The Lord of the Rings: The Return of the King (2003)

IMDb é (como reza baixo o seu logo) a maior base de datos de películas do mundo.

Pros: Calquera pode rexistrarse e votar a cada filme do 1 ó 10. A lista muda co tempo, segundo se van computando os últimos votos. Cabe pensar que con tal método e unha poboación tan grande os resultados teñen que ser case óptimos, pero...

Contras: ...se vemos as votacións de cada filme vemos que en moitos casos hai gran cantidade de uns que se dan coa simple finalidade de facer que esas películas descendan no ranking (con filmaffinity exemplifícoo), IMDb di que utiliza un sistema para evitar que se produzan "trampas" que non revelan para que non perda a súa efectividade, polo que resulta imposible determinar ata que punto é fiable, e eu aceptar dogmas de fé, como que non. A meirande parte de usuarios están no rango de idades que comprende dende os 18 ós 29 anos, por iso o cinema contemporáneo comercial goza de tan boas puntuacións. Unha vez máis parece que o sistema non funciona.

As silentes:

66. 8.3 Metropolis (1927)
71. 8.3 Modern Times (1936)
96. 8.2 City Lights (1931)
154. 8.0 The General (1927)
166. 8.0 Cabinet des Dr. Caligari., Das (1920)
169. 8.0 Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (1922)
181. 8.0 The Gold Rush (1925)
233. 7.9 Sherlock Jr. (1924)

Oito silentes entre as 250 do ranking, primeira vez que a mellor valorada no é unha película americana. USA e Alemaña repártense o pastel.







Promedio Votos
1 El Padrino 1972
9 30564
2 El Padrino II 1974
8,9 25285
3 Luces de ciudad 1931
8,9 3788
4 El crepúsculo de los dioses 1950
8,7 7139
5 Testigo de cargo 1957
8,7 6017
6 Tiempos modernos 1936
8,7 9356
7 Ser o no ser 1942
8,7 8283
8 Perdición 1944
8,7 5949
9 Amanecer 1927
8,6 2047
10 Panther Panchali (la canción del camino) 1955
8,6 1012


Aquí temos 3 silentes (americanas) entre as dez primeiras.

Pros: A páxina funciona practicamente igual ca IMDb, aínda que cunha base de datos moito menor. Non sei se é un pro ou un contra pero ó non existir ese sistema máxico para evitar trampas aparecen 3 silentes entre as dez primeiras.

Contras: Aí vai un exemplo que deixa claro ata que punto é inútil tamén este sistema: Körkarlen apareceu na base de datos sen facer ruído, bastante tempo despois da creación da páxina, a xente foi votando. A súa nota media nunca baixaba de 9, maioría de deces. As películas con menos de 35 votos non entran no Top Filmaffinity, con 34 estaba aínda por riba de nove (a nota máis baixa un 7) pero cando chegou ós 35 e apareceu no Top Filmaffinity e ademais coma primeira, caéronlle notas de un tras un ata que deixou de aparecer sequera entre as 50 primeiras, é moi triste pero así é, estou convencido que de eses que deron un 1 ningún a vira.

12 La quimera del oro 1925
8,6
4758
31 El chico 1921
8,5
3357
36 La pasiónde Juana de Arco 1928
8,5
1090
43 ... Y el mundo en marcha 1928
8,5
366


7 silentes entre as 50 primeiras, 6 americanas e unha francesa.


Aquí chega o sitio que a priori podía servirnos de referencia para as películas silentes pero:

Rank / Title / Year / Director / Country of Production
1. The General 1926 Buster Keaton and Clyde Bruckman USA
2. Metropolis 1927 Fritz Lang Germany
3. Sunrise 1927 F.W. Murnau USA
4. City Lights 1931 Charles Chaplin USA
5. Nosferatu 1922 F.W. Murnau Germany
6. The Gold Rush 1925 Charles Chaplin USA
7. La Passion et la Mort de Jeanne d’Arc 1928 Carl Theodor Dreyer France
8. Das Cabinet des Dr. Caligari 1920 Robert Wiene Germany
9. Bronenosets ‘Potyomkin’ 1925 Sergei M. Eisenstein USSR
10. Greed 1924 Erich von Stroheim USA
11. Die Büchse der Pandora 1929 G.W. Pabst Germany
12. The Crowd 1928 King Vidor USA
13. The Wind 1928 Victor Sjöström USA
14. Intolerance 1916 D.W. Griffith USA
15. Napoléon 1927 Abel Gance France
16. Sherlock, Jr. 1924 Buster Keaton USA
17. The Birth of a Nation 1915 D.W. Griffith USA
18. The Big Parade 1925 King Vidor USA
19. Safety Last 1923 Fred Newmeyer and Sam Taylor USA
20. The Phantom of the Opera 1925 Rupert Julian USA
21. Broken Blossoms 1919 D.W. Griffith USA
22. Der letzte Mann 1924 F.W. Murnau Germany
23. The Kid 1921 Charles Chaplin USA
24. Steamboat Bill, Jr. 1928 Charles F. Reisner USA
25. The Thief of Bagdad 1924 Raoul Walsh USA
26. Ben-Hur: A Tale of the Christ 1925 Fred Niblo USA
27. Flesh and the Devil 1927 Clarence Brown USA
28. Our Hospitality 1923 Buster Keaton and John G. Blystone USA
29. Wings 1927 William Wellman USA
30. Chelovek s kinoapparatom 1929 Dziga Vertov USSR
31. Faust 1926 F.W. Murnau Germany
32. Way Down East 1920 D.W. Griffith USA
33. Nanook of the North 1922 Robert J. Flaherty USA
34. Häxan 1922 Benjamin Christensen Sweden
35. The Unknown 1927 Tod Browning USA
36. Das Tagebuch einer Verlorenen 1929 G.W. Pabst Germany
37. The Cameraman 1928 Edward Sedgwick USA
38. The Circus 1928 Charles Chaplin USA
39. Show People 1928 King Vidor USA
40. Un Chien Andalou 1928 Luis Buñuel and Salvador Dali France
41. The Hunchback of Notre Dame 1923 Wallace Worsley USA
42. Dr. Mabuse: Der Spieler 1922 Fritz Lang USA
43. The Four Horsemen of the Apocalypse 1921 Rex Ingram USA
44. The Sheik 1921 George Melford USA
45. Die Nibelungen (including Siegfried and Kriemhilds Rache 1924 Fritz Lang Germany
46. The Freshman 1925 Sam Taylor and Fred Newmeyer USA
47. Tol’able David 1921 Henry King USA
48. HE Who Gets Slapped 1924 Victor Sjöström USA
49. Girl Shy 1924 Fred Newmeyer and Sam Taylor USA
50. The Lodger 1922 Alfred Hitchcock England
51. The Mark of Zorro 1920 Fred Niblo USA
52. The Wedding March 1928 Erich von Stroheim USA
53. The Man Who Laughs 1928 Paul Leni USA
54. Seven Chances 1925 Buster Keaton USA
55. The Last Command 1928 Josef von Sternberg USA
56. Orphans of the Storm 1921 D.W. Griffith USA
57. Sparrows 1926 William Beaudine USA
58. Foolish Wives 1922 Erich von Stroheim USA
59. The Navigator 1924 Buster Keaton and Donald Crisp USA
60. Zemlya 1930 Alexander Dovzhenko USSR
61. Tabu 1931 F.W. Murnau and Robert J. Flaherty USA
62. Beggars of Life 1928 William Wellman USA
63. My Best Girl 1927 Sam Taylor USA
64. Les Vampires 1915-16 Louis Feuillade France
65. Cops 1922 Buster Keaton and Eddie Cline USA
66. The Student Prince in Old Heidelberg 1927 Ernst Lubitsch USA
67. The Son of the Sheik 1926 George Fitzmaurice USA
68. 7th Heaven 1927 Frank Borzage USA
69. Der Golem 1920 Paul Wegener USA
70. It 1927 Clarence Badger USA
71. The Lost World 1925 Harry O. Hoyt USA
72. The Kid Brother 1927 Ted Wilde and J.A. Howe USA
73. Le Voyage dans la lune 1902 Georges Méliès France
74. The Immigrant 1917 Charles Chaplin USA
75. Cabiria 1914 Giovanni Pastrone Italy
76. Queen Kelly 1928 Erich von Stroheim USA
77. Oktiabr 1928 Sergei M. Eisenstein USSR
78. Robin Hood 1922 Allan Dwan USA
79. The Docks of New York 1928 Josef von Sternberg USA
80. Stachka 1924 Sergei M. Eisenstein USSR
81. The Great Train Robbery 1903 Edwin S. Porter USA
82. Der müde Tod 1921 Fritz Lang Germany
83. Speedy 1928 Ted Wilde USA
84. Sadie Thompson 1928 Raoul Walsh USA
85. Tess of the Storm Country 1922 John S. Robertson USA
86. A Woman of Paris 1923 Charles Chaplin USA
87. Dr. Jekyll and Mr. Hyde 1920 John S. Robertson USA
88. The Last of the Mohicans 1920 Maurice Tourneur and Clarence Brown USA
89. The Unholy Three 1925 Tod Browning USA
90. Mat 1926 Vsevolod I. Pudovkin USSR
91. The Cheat 1915 Cecil B. DeMille USA
92. Variété 1925 E.A. Dupont Germany
93. Die Freudlose Gasse 1924 G.W. Pabst Germany
94. Big Business 1929 James W. Horne USA
95. The Iron Horse 1924 John Ford USA
96. The Penalty 1920 Wallace Worsley USA
97. The Iron Mask 1929 Allan Dwan USA
98. Stella Maris 1918 Marshall Neilan USA
99. Underworld 1927 Josef von Sternberg USA
100. Male and Female 1919 Cecil B. DeMille USA


Inmensa maioría de películas yankees.

Pros: Non lle topo ningún.

Contras: Todos, o sistema de puntuación é irrisorio, por mail e sen límite de films. Inclues todo o que se che ocorra e cada unha suma un voto. Sería en todo caso a película máis coñecida. Non dan cifras, o que aínda converte o estudio en menos fiable.




1. Blade Runner
2. Casablanca
3. 2001,A Space Odyssey
4. The Godfather
5. North by Northwest
6. Dersu Uzala
7. The Godfather II
8. Apocalypse Now
9. The Quiet Man
10. The Man Who Shot Liberty Valance

Non deixa de ser curioso que nunha páxina de cine clásico a película máis veces votada fora feita nontronte. 8 produccións americanas e 1 coproducción co Reino Unido e unha coproducción entre a URRS e Xapón.

11. Sunrise
15. Modern Times
41. The General
56. Nosferatu
57. Metropolis
58. La Passion de Jeanne d'Arc

6 silentes (entre un total de 89), 3 americanas, 2 alemás e unha francesa.

Pros: Transparencia total, votación a cara descuberta no propio foro. É un foro de cine clásico onde ós usuarios se lles supón un interese polo cinema de calidade. Acceso no propio foro a miles de filmes, polo que os votantes si poden votar con coñecemento de causa.

Contras: O sistema de votacións, votáronse 10, cada película desa lista valía o mesmo, polo que os resultados non dan as favoritas de DXC senón as populares de DXC. A votación está pechada. Ese acceso do que falaba non é igual de doado para todo tipo de filmes, por estar o foro pouco estratificado. Só tres subforos: Clásico (ata 1980), contemporáneo (dende o 1980) e Underground, experimental e rariño (minoritario). Desta maneira o cinema silente (encadrado no subforo de cine clásico) ten un acceso máis complicado, como interesa polo xeral a menos xente que o resto de filmes de clásico, en pouco tempo as películas quedan sepultadas nese foro que comprende máis de 80 anos de cinema. Afortunadamente a filmografía de bluegardenia palia de forma importante este problema, aínda que os filmes publicados entre actualización e actualización, seguen desamparados.


Outro experimento


Vendo todo isto decidinme a levar a cabo un proxecto, centrándome unicamente no cinema silente. Tentando aproveitar as virtudes de cada un dos anteriores e minimizando os defectos.

Onde facelo?
Aquí tiña poucas dúbidas, o lugar indicado para facelo sería cine-clasico.com. Por varias razóns: o foro dá a posibilidade dunha votación transparente, cine-clasico.com ten o rexistro permanentemente aberto, polo que pode votar todo aquel que o desexe e porque é o sitio de internet dende o que se pode acceder a unha maior cantidade de películas silentes.

Sistema

A foro aberto, unha relación de 10 filmes onde a orde importa, e moito. Invértense as posicións para transformalas en puntos e esta cifra elévase ó cadrado así:

1. 100 puntos
2. 81 "
3. 64 "
4. 49 "
5. 36 "
6. 25 "
7. 16 "
8. 9 "
9. 4 "
10. 1 "

Deste maneira, cun crecemento potencial, existe unha diferenza importante entre colocar un filme nunha posición ou na seguinte, tirando así o reconto unha verdadeira relación de filmes favoritos e non populares. Esa relación de filmes populares (os que aparecen en máis listas) tamén se dará a coñecer.

Nestas votacións en foros, dáse un prazo, unha vez rematado xa non se poderá seguir votando. Nesta ocasión a votación está perennemente aberta, pódense apuntar novos usuarios a votar en cada momento e os que xa o fixeron poden cambiar as súas eleccións en calquera momento editando a súa mensaxe.

A contaxe non é inmediata, establécese unha data límite (dúas veces ó ano), entón péchase momentáneamente, faixe o reconto e vólvese a abrir para continuar coas votacións. Se reconto fora inmediato poderíanse dar circunstancias coma a arriba descrita en Filmaffinity, onde a xente podería xogar cos seus votos para que certa película variara a súa posición. Este risco non desaparece sendo os recontos espaciados pero si que se minimiza.

Estes dous últimos puntos son moi importantes, posibilitan que no estudo se poida ver como evolucionan as votacións, que en boa lóxica terán maior valor segundo vaia pasado o tempo. Recordemos que dende alí se pode ter acceso a practicamente tódalas películas votadas.

A elaboración da lista non é a única finalidade deste proxecto, tamén espero que sirva para aumentar o interese polo silente. Por iso, abrirase un debate para cada unha das películas máis valoradas.

Se queres votar clica aquí, se aínda non o estás terás que rexistrarte.

3 comments:

  1. Buster Keaton is the best!!!!!

    Y Kubrick??!!??...

    Los dos mas grandes genios del cine...

    Cuando el arte ataque

    ReplyDelete
  2. Hola David,

    Tengo que pasarme por Cine Clásico a votar, pero últimamente estoy bastante desconectado y apenas he podido meter algo en el blog. Si se me olvida recuérdamelo, aunque me costará un huevo elegir, unas pocas sí las tengo claras.

    Un saludo.

    ReplyDelete
  3. Qué hay blue,

    Ya veo que últimamente estás semi-inactivo, te lo recordaré unos días antes de la primera fecha límite. En cuanto a la elección estamos más o menos igual, las primeras las tengo claras (a día de hoy) y alguna sé que la pondré aunque no sé en que posición, con el resto la cosa va a estar complicada.

    Saúdos

    PD: Qué mal funcionan las feed del sitio, actualizan los comentarios cuando les da la gana.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...