21.7.07

Un ano de andrómenas silentes


Algo máis dunha translación atrás comezaba a andaina de Recanto Silente, con esta entrada. Un ano que a nivel persoal non cumpriu as expectativas, especialmente en cantidade. Poucas, moi poucas, foron as entradas neste lapso de tempo. En canto a visitantes superáronse con creces as previsións, este é un sitio do máis marxinal, trata un tema marxinal nunha lingua marxinal. Tardei uns días (ou semanas, non recordo) en engadir o contador de visitas, polo que roldarían as 4000.

4000 abofé que é unha boa cifra, pero non deixa de ser enganosa. Cóntase o número de visitas, non de visitantes, polo que esas catro mil visitas poderían ser dun feixe de persoas. Tamén se conta cada vez que entro a fedellar no asunto, para corrixir entradas, publicar algunha nova, modificar o aspecto do sitio... Con todo isto segue sendo unha cifra importante, nas estatísticas (que son públicas) pódese ver como chegan os visitantes, de onde son, canto tempo botan, cara onde marchan...

A gran maioría de visitas chegan dende o resto de España, tamén unha parte importante dende Sudamérica (tanto dos países hispanofalantes coma de Brasil) e en pequenas porcentaxes de varios países europeos. Hai unha fracción importante que o sistema non identifica pero que parecen chegar en bo número dende países anglofalantes. Non deixa de ser curioso que escribindo en galego, as visitas dende Galicia non cheguen ao 5 % (excluíndo as miñas e tirando polo alto), si hai algún que outro galego que accede dende o “exilio”.

Cales son as razóns de que os galegos non visiten Recanto Silente? Podería ser polo nulo interese polo silente?, pola aversión á miña maneira de escribir ou a forma de afrontar os temas? Ou unha falta de difusión do sito? Seguramente sexa un pouco de todo iso, sobre a terceira hai cousas que se podían (poden) facer. Buscando dei con dous sitios que podían cumprir esa función, Blogaliza e Blogalego. Sitios onde as entradas dos blogs sindicados van a parar á portada (o segundo tamén ofrece un buscador para atopar artigos en galego entre os blogs alí rexistrados). En teoría era unha boa maneira de dar a coñecer o sitio pero polo de agora non deu resultados. A semente de Recanto Silente cada día funciona peor (descoñezo o motivo) e só unha das entradas chegou a estar en portada (en Blogaliza), o resto non chegan, cousa que non é de estrañar cando os comentarios ás entradas tardan ata dous días en aparecer na páxina principal de Recanto Silente.
De calquera maneira a un non deixa de facerlle ilusión que haxa algún incondicional que visite a páxina dende lugares tan dispares (lingüisticamente) coma Polonia.

Só me queda agradecer a bluegardenia e MurnauVsBuñuel pola súa participación en Voceiros do silencio e a todos aqueles que se pasan por aquí, en especial aos que deixaron algún comentario e aos que teñen unha ligazón a este blogue.

Saúdos, esperemos un segundo ano máis prolífico.

8 comments:

  1. animo david_holm, espero que este año sea más prolífico también en cuanto a visitas y entradas para recanto silente. Que es un genial blog para leer sobre cine mudo.
    salu2.

    ReplyDelete
  2. Mein lieber Herr Holm:

    A aristocrácia xermánica quer manifestar de xeito discreto ( polo feito de vostede pertencer á perigosa clase media melenuda ) os seus ( e obviamente tamén seus ) parabéns, polo seu diario silente que tantos momentos de pracer diletante lle ten oferecido durante o último ano, ás clases folgantes aristocráticas.

    Non se preocupe, non se laie vostede de, quizáis..., certa insidia ou ignoráncia encol dos seus comentários galaicos silentes ó redor do mundo moderno, pense que todo o que ten calidade ( e iso acontecelle a vostede, MEIN GOTT! ) có tempo sempre ten a súa recompensa, ou mellor falado, o seu recoñecimento pola grande labor desenvolvida no mundo silente, feita dun xeito apaixoado e de grande calidade evidente mesmo ós ollos monoculados teutónicos.

    Por todo isto, éste seu Herr Graf desexase un feliz aniversário silente galaico-xermánico de longa e fructífera continuidade.

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

    ReplyDelete
  3. Me sumo a las felicitaciones. Ya me gustaría escribir en gallego como gentileza a la lengua de esta página, pero espero transmitir en castellano ese mismo espíritu.

    Espero, eso sí, verle más prolífico, que con la excusa del silencio... Je, je. En fín, tómese su tiempo, que sus textos e ideas valen la pena.

    Un abrazo
    Antonio

    ReplyDelete
  4. Moitas felicidades David Holm.

    Por lo menos otro añito más y si ves que se hace duro siempre puedes pedirle consejo a Eufemiano Fuentes xD.

    Un saludo.

    ReplyDelete
  5. Gracias a los dos (blue, una década más de Recanto Silente y ya puedes hablar en las ciudades gallegas sin que nadie te entienda, uséase en galego)

    Tamén agradezo (e moito) as verbas do Conde Silente (sen crer merecelas).

    Saúdos melenudos

    ReplyDelete
  6. Felicidades polo aniversario e moito ánimo. Ti sabes que o importante non é o número de visitantes, non é eso o que fixo que este recanto vira a luz nin será o que o faga seguir adiante.

    Saúdos.

    ReplyDelete
  7. Home Jorge, un pracer saudarte. Si, iso tíñao claro dende o principio, gracias.

    Saúdos algo suados

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...