30.7.07

Vaise o meirande cineasta vivo

Xunto a Sjöström na rodaxe da obra mestra Smultronstället (1957)

Nunca fixo unha película silente, era demasiado novo, pero vaia dende aquí unha homenaxe para un dos grandes que nos deixou aos 89 anos legando unha marabillosa filmografía.


6 comments:

  1. Quedan vivos Oliveira, Antonioni, Rohmer, Arthur Penn, Resnais, Stanley Donen, Robert Mulligan ou o gran Chris Marker.

    Non foi até hoxe que souben da existencia deste blog, que visitarei con frecuencia.

    ReplyDelete
  2. Benvido, depende moito de cada un pero para min Bergman xogaba noutra liga.

    Oliveira creo que é o único director vivo que fixo cinema silente, actores aínda queda algún (nenos prodixios tipo Mickey Rooney), a ver se lle comento o filme en vida.

    Saúdos

    ReplyDelete
  3. Outro que se nos vai, onte Bergman, hoxe Antonioni, a ver se mañá non amañecemos con outra mala nova.

    ReplyDelete
  4. Mimá, se antes digo o de Antonioni, antes morre...

    ReplyDelete
  5. Comparabeis a Bergman probablemente nos queden só Straub (sen a Huillet, iso sí), ou Godard. E que non lles pase nada...

    ReplyDelete
  6. Saúdos sumidoiro, alégrame verte por eiquí.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...