1.10.07

München-Berlin Wanderung (Oskar Fischinger, 1926)


Unha marabillosa viaxe entre dúas cidades.
Radiografía dun pobo



Iniciamos a nosa travesía a bordo dun tren (cámara subxectiva), partimos de Múnich camiño de Berlín. Viaxe fulgurante, rodada a cámara rápida a modo de flashs, a través dun pobo, a súa xente e seu patrimonio natural e cultural.

Innovadora proposta, apoiada nunha brillante fotografía, céntrase na periferia, o rural, lugares que aínda conservan un equilibrio entre civilización e natureza. As súas xentes:

A infancia,



de nais e fillos,


madurez


e experiencia


Fischinger preséntanos este mundo rural, unha vida tranquila retratada a ritmo frenético. Rostros que destilan serenidade, tenrura, felicidade. En contraposición coas multitudes da cidade, o atafego, as máquinas... en todo o documental o máis tecnolóxico que se nos amosa é un carro tirado por cabalos e un muiño; nin tan sequera ó principio vemos o tren, tan só a vía. Unha comuñón entre home e natureza, traballos artesáns moi afastados das fábricas da cidade, agricultura, pastoreo e xogos ao ar libre.



Flora



e fauna,




sen deixar de lado as crenzas:



Mostrándoas case coma outra compoñente da natureza, especial atención á imaxe da dereita, unha cruz coma unha árbore máis.


Sobre a copia

A miña copia, sacada da Nova Biblioteca de Alexandría, é en branco e negro e ía a 29 imaxes por segundo (4 minutos de duración), falo en pasado porque tal velocidade para un filme silente paréceme un disparate (incluso para un gravado en cámara rápida), polo que tras facer varias probas decidín quedarme cunha velocidade de reprodución de 20 fps, quedando a súa duración en 6 minutos. Saber a velocidade de reprodución real do filme parece complicado, na rede hai pouquísima información e polo que parece pouco fiable. Nas fichas vemos que lle dan 3 minutos de duración, cando en ningún caso duraría iso (se xa os 29fps son demasiados). Incluso na cuasi infalible IMDb, está equivocado o título, aparece Wandering por Wanderung, en filmportal dísenos algún dato máis.
Souben desta pequena xoia por un compañeiro nun deses antros do compartir e do altruísmo que frecuento, dirixida e producida por Herr Fischinger e case que esquecida, os uns e os ceros ao rescate unha vez máis.



2 comments:

  1. Después de haber rondado por aquí durante bastante tiempo y teniendo en cuenta que me enteré del trabajo de Fischinger a través de Recanto, lo menos que puedo hacer es dejar mi agradecimiento.
    Sobre el trabajo, poco puedo agregar a lo que has comentado, sólo que me sorprendió la naturalidad de la gente retratada en el corto frente a un medio que, en esa época y en especial en el ámbito rural, debe haberles resultado bastante extraño.

    ReplyDelete
  2. Un saúdo pere, gracias por el comentario.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...