1.11.07

De Lagostas, reloxos e caras de cráter

Matt Groening é o creador desta serie que naceu alá polo 1999, Futurama é sen lugar a dúbidas unha das mellores producións para televisión das últimas décadas. Cun grande equipo de guionistas ten unha cantidade incrible de referencias e homenaxes en campos que van dende a matemática ata o cine, o silente non é que conte con demasiados pero aproveitaremos esta distendida entrada para sinalar un par deles voluntarios e outro que ten a pinta de ser involuntario, non sería tal homenaxe entón, pero que inevitablemente nos recorda a unha famosa escena do silente.


A serie conta as peripecias dunha empresa de mensaxería no século XXXI, o protagonista, Philip J. Fry era un repartidor de pizza na Nova York do XX, ten que facer unha entrega na noite de fin de ano de 1999 nunha empresa de crioxenia, queda accidentalmente conxelado nunha das cápsulas a iso das doce da noite e acorda mil anos despois no mediodía do 31 de decembro de 2999 (xusto cando se cumpren 1000 anos). Unha vez alí ingresa na empresa de mensaxería do seu tataratarartara...sobriño, Hubert Farnsworth, compartindo traballo cun robot dobrador, unha ciclope, unha lagosta, unha marciana zoupona e un xamaicano rastafari. Pero vamos ao que nos ocupa:

Caracráter

No segundo capítulo, The Series Has Landed, a tripulación de Planet Express ten que facer unha entrega na lúa, que no ano 3000 é un parque temático. A mascota deste é Caracráter, que pide a Bender (o robot) que lle entregue a súa cervexa pois non están permitidas as bebidas alcohólicas. Este é o resultado:



Homenaxe á inmortal Le voyage dans la lune de Méliès, no momento da "aterraxe" no satélite:




Harold Zoid



No capítulo "That's Lobstertainment!", o Doutor Zoidberg (lagosta extraterrestre) quere facer carreira na comedia pero descubre que non ten talento. Nun desesperado intento por triunfar visita ao seu tío, o gran Harold Zoid, estrela da comedia nos anos dos hologramas silentes. É obvio que o personaxe baséase tanto en nome coma en aspecto na estrela da comedia nos anos do cinema silente, Harold Lloyd, pero o parecido queda aí. É unha especie de homenaxe ao slapstick, Zoid ten algo de Lloyd, de Chaplin, de Keaton..., todo moi caricaturizado. O episodio en si ten o honor de ser elixido polos fans coma un dos peores da historia da serie. No capítulo, tío e sobriño tentan convencer a Calculón (estrela robot de telenovelas) para que financie un drama escrito e dirixido polo gran Harold Zoid, ante a perspectiva do Oscar, o robot accede. Como se lle supoñe ao silente, no filme os protagonistas sobreactúan e os extras móvense compulsivamente e tíranse pasteis á cara os uns aos outros. Algo que está moi próximo ao concepto xeral actual do o cine mudo.
Aquí deixo esta película de Zoid, co concepto moi das series de Groening (nos archifamosos Simpsons, vémolo en Itchy & Scratchy) de slapstick violento:



Quizais inspirada na What Demoralized the Barber Shop da Edison:



Safety Last!

Neste caso non estou certo de que sexa unha referencia ao cinema silente, porque de ser así habería un maior parecido co edificio e habería un plano moi similar ao do filme, fora intencionadamente ou non, esta escena recorda moito á probablemente máis famosa escena de Harold Lloyd, na película Safety Last! de Newmeyer e Taylor, cando está a gabear polo edificio e ten agarrar a agulla do reloxo para non caer. En Futurama, no capítulo Xmas Story, Fry trata de recuperar un regalo de nadal, un loro, e sae á cornixa dun rañaceos para atrapalo, perde o equilibrio e termina agarrado do reloxo, como xa non estamos no século XX senón no XXXI o reloxo é dixital:


Aí queda, é posible que haxa algún máis que me quedara atrás, de topar algún outro (eu ou algún lector) engadiríao.

3 comments:

  1. Hola,

    Al final va a ser verdad aquello de que si quieres progresar e innovar tienes que ser consciente de lo que va "quedando atrás".

    El mudo, además de crear "cosas" desde cero, supo ir adaptando a su medio una tradición iconográfica enorme, de siglos, y muchas veces la sintetizó mejor que nadie.

    Lo que no se puede hacer, y por desgracia abunda en la actualidad creativa e informativa, es proclamar la invención de la bombilla; tengo una entrada preparada sobre esto, a ver si la termino algún día.

    Si por cualquier razón no se es consciente de ese pasado (no es obligatorio ni siquiera imprescindible pero sí recomendable) lo mejor que puede hacerse es, al menos, ser cauto y no alardear. Y en el caso contrario agradecer, de cualquier forma (aquí el homenaje o la cita directa), a todos los que fueron abriendo camino.

    Un saludo.

    ReplyDelete
  2. También Matt Groening en la serie los Simpson muestra escenas parecidas a otras del cine mudo, como cuando Homer y Mr. Burns se quedan aislados en una cabaña cubierta de nieve y hielo. Es entonces cuando pasa el tiempo y uno piensa en comerse al otro imaginando que es un pollo y cosas por el estilo, algo que se parece bastante a "la Quimera del oro" de Chaplin.

    ReplyDelete
  3. De hecho, la idea era hacer una entrada conjunta sobre ambas series de Groening, aunque de Futurama me resultaba más fácil hacer memoria de los 72 episodios que de los más de 400 de The Simpsons, serie que empezó floja,tuvo una decena de temporadas fantásticas y que para mí lleva años muerta aunque sigan sacando nuevos capítulos. Seguramente también habrá entrada sobre The Simpsons en el futuro.

    Fox se dedica a quitar todos los vídeos de sus series de Youtube, y se han cargado la película de Zoid, la sustituiré por una secuencia de fotogramas.

    Saúdos

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...