13.7.08

Europa Film Treasures





Un par de semanas atrás (non creo que o sitio sexa moi antigo) souben da existencia de Europa Film Treasures, dispoñible en 5 idiomas, inglés, francés, español, italiano e alemán. Nela podemos atopar xoias dos arquivos das distintas filmotecas europeas, non só silentes, pero si principalmente. O proxecto está en cueiros, das catro seccións, Películas, Filmotecas, Documentación e Espacio Pedagóxico, só están operativas as dúas primeiras. É de esperar que o proxecto vaia medrando, polo de agora podemos ver 36 filmes silentes en liña, cifra que irá medrando.

Películas


Están todas sonorizadas, con subtítulos dispoñibles nas 5 linguas arriba mencionadas. En xeral as copias son de boa calidade pero non así o formato no que se presentan, a diferenza de archive.org que nos permite elixir entre distintas calidades, aquí non hai opcións, a pantalla completa reséntese de certo pixelado. Se na macro páxina americana se nos permite descargar os arquivos en distintos formatos, aquí as copias só se poden gozar online. Esperemos que a medida que vaia medrando, ofrezan os filmes cunha mellor calidade e permitan descarga-los, o que supón un beneficio para todos, se queres volver ver un filme non é necesario que volvas ter que chuchar do servidor (bastante frouxo agora mesmo por certo, en momentos de bastante tráfico as películas tardan o seu en cargar), esperemos que entren en razón. Podemos topar auténticas rarezas, das que nin se lle coñece o director, e outras máis famosas coma a Symphonie diagonale de Eggeling.

Na ficha do filme dánnos unha breve descrición do que nos imos atopar e os datos técnicos, podendo ler máis ao respecto se prememos no botón "máis información", fálasenos da copia, contextualízase, algún dato biográfico...



Podemos discriminar filmes pola filmoteca á que pertencen, período, nacionalidade, xénero, copia (branco e negro, cor, pintada a man...), son ou tecleando o nome do filme ou realizador.

En xeral son filmes de pouca duración, pero tamén podemos topar longametraxes coma El sexto sentido de Sobrevila ou Bucking Broadway de Ford.

Filmotecas


Nesta sección temos información das distintas filmotecas que forman parte do proxecto.

Unha web moi interesante polo que xa ofrece, pero máis polo que pode dar de si. A cultura morta nos arquivos, filmotecas, bibliotecas e demais, non ten razón de ser. Son necesarias iniciativas coma esta, aínda escasas, como xa fai tempo están facendo particulares (muloteca), que inda por riba están a ser perseguidos... Os organismos públicos tamén se teñen que poñer as pilas e aproveitar as posibilidades da tecnoloxía para facer accesible a cultura ao pobo, que xa hai tempo que entramos no ano 2000, os coches voan, os robots fan as labores domésticas, comemos raios láser... pero os filmes seguen a acumular po nos estantes.

4 comments:

  1. Hola David,

    Descubrí "Recanto Silente" hace poco, pero desgraciadamente he sido un lector anónimo hasta hoy. De todos modos, quería introducirme y decirte que me gusta "Recanto" tanto que he añadido un enlace a ello en mi propio blog ("Caravana"). Suerte con todo y saúdos de Cambridge/Boston!

    PD: Perdona el castellano, pero nunca he estudiado el galego.

    ReplyDelete
  2. Hola R-LO,

    Gracias por saludar, hace unos días descubrí tu Caravana de Recuerdos, y estuve leyendo un rato (me sorprendió ver el enlace a este recanto), a ver si me paso pronto por allí a devolver el comentario.

    Saúdos

    PD: Recanto Silente no tiene idioma oficial ;) aquí cada uno puede comentar en la lengua que quiera (conozca o no el gallego)

    ReplyDelete
  3. sencillamente increible la citada web y el soporte que da, gran entrada David_Holm.

    saludos.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...