20.8.08

Emilie Kurz

Emilie Maria Kurz naceu en Troppau, Austria-Hungría (actualmente Opava, República Checa), algún ano máis ben próximo ao ecuador có final do século XIX. Non se sabe data máis ca do pasamento (1934). Sen ter ningún tipo de datos biográficos e escasos filmográficos, parece clara certa herdanza teatral, o cinema colleuna nunha idade complicada para unha muller, sendo practicamente inexistentes os papeis de certa relevancia para mulleres desprendidas da xuventude, só cabían personaxes menores no seu currículo.


O papel máis importante da súa carreira foi o de tía do mozo da sobriña de Emil Jannings en Der Letzte Mann, sendo comúns as súas participacións nos filmes de F.W. Murnau.


Podedes consultar a súa filmografía en filmportal, como xa comentei, as máis das veces ten papeis pequenos polo que nalgunhas películas non aparece nos créditos. A continuación poñerei capturas, algunhas incluso de filmes nos que non aparece acreditada (nese caso levarán un asterisco), loxicamente este artigo estará en perpetua construción, dou por seguro que no futuro a atoparei nalgún recanto dalgún filme xermánico e terei que achegar a captura. Por suposto, se algún lector pode aportar algunha outra agradeceríalle que ma enviara ao correo.


Die Puppe (Ernst Lubitsch, 1919)*



Der Gang in die Nacht (F.W. Murnau, 1920)*



Nosferatu (F.W. Murnau, 1921)*




Der Brennende Acker (F.W. Murnau, 1922)



Der Letzte Mann (F.W. Murnau, 1924)



No comments:

Post a Comment

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...