31.8.08

O ese perdido

—Traes boa cara hoxe.
—Si, é que recuperei algo que perdera.
—E que é?
—Un ese.
—Un ese? Como se pode perder un ese?
—Pois non cho sei, supoño que hai cousas que pasan sen que ninguén o queira.
—E dende cando o viñas botando en falta?
—Pssss, pois non me lembro, haiche tanto tempo xa, era unha desas cousas que xa dubidaba que tivese algunha vez.
—Comprendo...
—Ben, lembro, ou quizais quero lembrar, que meus pais me chamaban así, co meu ese perdido, pero tamén recordo que de ben nena, tiña un amigo, Siegfried, que xa me chamaba sen ese, e tamén recordo xa de moza á miña Lotte, entón tampouco estaba o ese. Nin tan sequera agora de maior Vicente o utilizaba.
—Pero non importa como te chamen, o nome dun é o que é.
—Xa, pero non che estaba tan segura, en papeis oficiais, en romarías e ata de boca de melenudos, non había rastro do meu ese. Ou iso cría, algún papeliño si que o levaba, pero como unha co paso do tempo le sen ler, mira sen apenas ver...
—Vale, nuns sitios tíñalo e noutros non, pero como deches con el.
—Onde buscara, tiña resultados contraditorios, con meus pais facendo abono dende ben lonxe no tempo, non tiña máis saída e máis opción que botarlle un ollo á miña partida de nacemento, mira que bonitiña:


1 comment:

  1. Hola. Informamos que se puede descargar el último número de nuestra revista sobre literatura y cine en:

    http://shangrilatextosaparte.blogspot.com/2008/09/shangri-la-n-6-mayo-agosto-2008.html

    Un saludo.

    ReplyDelete

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...