18.4.09

Schloß Vogelöd (F.W. Murnau, 1921)

Un grupo de aristócratas reúnese no castelo dos Vogelschrey para pasar unhas xornadas de caza. Sen ser convidado, únese ao grupo o Conde Oetsch, sospeitoso de ter asasinado a seu irmán anos atrás. Alí tamén se dará cita a súa viúva, agora casada co Barón Safterstädt. O sol apenas fai aparición, quedando confinados no castelo pola chuvia a maior parte do tempo. Nun ambiente claustrofóbico reaparecen as pantasmas do pasado e a culpa e as sospeitas apodéranse das paredes do castelo.

“Gustaríame que nos aforrase
a todos a incómoda situación
de sermos testemuñas do seu
encontro coa Baronesa, Sr. Conde."

Premer na imaxe para descarga-los subtítulos

Axústanse a este ripeo


No comments:

Post a Comment

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...