21.6.09

Berriatúa aclara o tinguido da escena da dilixencia


Poñámonos en antecedentes, en febreiro do pasado ano escribía un chisco sobre a nova restauración de Nosferatu, que saíra algún mes antes (en España aínda tardaría un tempo en ve-la luz), topándolle a esa restauración unha única pega (e non pequena ao meu entender), o que consideraba un erro á hora de tinguir a copia, tendo coma referencias unicamente a restauración de 1995 (que xa utilizara o mesmo material que a presente) e o código de cores que xa nos transmitira Murnau secuencia a secuencia (o que considero máis importante), e que mantiña a súa verosimilitude durante todo filme. Reproduzo aquí a parte daquel artigo que nos ocupa:


Vexamos capturas da secuencia completa da do 95:


Amence (por tanto tintura rosada), Hutter esperta, aséase.


Non sabemos se tería almorzado, ou se sae directamente para partir. Xa é de día, tintura amarela.


Saca a cabeza pola fiestra da carruaxe, aínda amarelo.


Vista ao ceo, está escurecendo (rosados propios do solpor)


Os cocheiros deciden non continuar, mantéñense os rosados ata que Hutter supera a ponte.


Co paso da ponte chega a noite.


Nova restauración


Amence (por tanto tintura rosada), Hutter esperta, aséase.


Sae, como dixemos antes non sabemos o tempo que puido pasar, se saíra directamente aínda podía estar amencendo, así que neste caso darémoslle o beneficio da dúbida, e aceptamos este rosado. Pero...


Xa está ben avanzado o camiño e manteñen a cor rosada, incomprensible.


Hutter advirte ao cocheiro que está a anoitecer, que se dea présa. Seguimos cos rosados do amencer!


Bang! No plano do ceo onde se nos amosa que está a escurecer, e cando deberían cambiar do amarelo ao rosado, fan o contrario, meten o amarelo (habían de ter marcado aí un cambio de tintura pero...).


Os cocheiros deciden non continuar, mantéñense os amarelos ata que Hutter supera a ponte a pé.


Co paso da ponte chega a noite.


Tendo acceso aos DVD e pouco máis, todo o escrito referente a isto non podía ser máis que especulativo:

Abraiante!, a noite chegou a cachón xusto despois de amencer. A restauración utilizou coma base unha copia tinguida de 1922 da Cinémathèque Français con intertítulos en francés, completando escenas perdidas cunha copia de 1939 do Bundesarchiv-Filmarchiv tirada dunha copia de exportación checoslovaca dos vinte. Outras escenas saíron da Die Zwölfte Stunde (unha remontaxe sonora dos 30 con novas escenas e sen a autorización de Murnau) atopada tamén na Cinémathèque Français; nada novo baixo o sol, se non me falla a memoria a mesma orixe cá restauración anterior (agás algúns intertítulos feitos pola FWMS imitando os orixinais, para as escenas onde non se conservaban os da copia primixenia). [...], non teño datos de se neste caso (o da secuencia comentada) as tinturas figuraban na copia tinguida da Cinémathèque Français (que xa se utilizou para a do 95), aínda que así fose non me cabe ningunha dúbida de que sería un erro de quen tirou a copia no seu día, [...]; de calquera maneira, parece obvio que na presente restauración están equivocadas, fora cal fose a orixe.



Pois no recente Nosferatu. Un film Erótico-Ocultista-Espiritista-Metafísico (que ten moito máis material inédito do que percibira na ollada superficial), Berriatúa aclara o asunto:

Otra cuestión importante sobre el color de la nueva reconstrucción de Nosferatu y que ha provocado sorpresas y críticas en los foros de Internet son los aparentes errores de tintado.

La única referencia existente sobre el color de Nosferatu es la copia nitrato francesa[...]

[...]Aún más extraño es el cambio de colores en las escenas de la diligencia[...] Lo sorprendente es que los planos de atardecer son amarillos, un color destinado normalmente para la luz del día. Se pasa directamente del rosa, que se supone que es un color para el manecer, al atardecer y éste se tiñe de amarillo. Un código de colores inhabitual y muy extraño.

En las restauraciones anteriores Patalas no había seguido los colores de la copia francesa considerándolos absurdos. [...] De esta forma había retrasado la salida de la diligencia con Hutter, que en su versión no sale de la posada al manecer sino ya con el sol alto.

Nosotros hemos respetado los colores de la copia francesa porque no podemos estar seguros de que esos tintes sean erróneos, al no haber encontrado ningún otro caso a lo largo de la película, y porque históricamente la copia fue vista así por los espectadores, al menos en Francia.



Digamos que dalgunha maneira isto xustifica o tinguido da secuencia, está claro que non foi un inexplicable descoido (que me custaba moito crer, alégrome de que non fora así), foi feito de maneira consciente, aínda que non por iso deixo de estar en desacordo. Como dicía na parte resaltada da autocita de arriba, viñera de quen viñese a equivocación, resúltame obvio que o é (aínda que fora xa nos anos 20), neste caso estou máis próximo a Patalas. O razoamento de Berriatúa resulta inconsistente, primeiro critica a decisión de Patalas dicindo que así Hutter na súa versión (sic) saía da pousada entrada a mañá, porén defende que ben entrada a tarde na "súa versión" mantéñanse os rosas do amencer porque non hai ningún outro documento que aporte información sobre a cor. Ou ben aceptas que as tinturas seguen un código de cores que reflicte a hora do día e restauras conforme a el (cousa que non me estrañaría que fixera cando Emillie Kurz entra co candil na habitación onde Hutter fará noite), ou copias as tinturas tal e como aparecen na copia francesa (deixando en b/n as escenas que non aparecían nesa copia, pois non podemos estar seguros de que as tinturas foran as correctas). De feito hai unha terceira opción, manter o tinguido desa escena dándolle unha explicación, pero non foi quen de facelo.

Por outra banda, Berriatúa di que o que pretenderon facer para esta restauración, non foi restaurar nin reproducir a copia francesa (por que afanarse entón en manter esas tinturas que non seguen un código que respecta o resto do filme) cos rótulos franceses, senón reconstruír o Nosferatu orixinal alemán. E para iso non se baseou só en probas irrefutables, como é lóxico (unha restauración ten que ter certa parte especulativa), podemos utilizar como exemplo o intertíulo do que falamos o outro día (un insubstancial, no reencontro de Hutter e Ellen na súa casa), que engadiu a esta restauración (non figuraba en ningunha das de Patalas) aínda que non se conservara en ningunha das copias existentes, nin figurara sequera na lista de intertítulos, só se podía ler no guión (do que sabemos que moitas cousas, incluso anotacións a man de Murnau, non chegaron a plasmarse no filme), pero se un repara no filme, xusto onde o guión fala dese intertítulo, vese que faltan uns cantos fotogramas, incrustando aí o rótulo, sen aportar unha información relevante, si que fai que todo case. Da mesma maneira que corrixindo aquelas cores, tódalas tinturas do filme terían sentido. Isto que non se tome coma que un pailán coma min pretende darlle leccións de como facer as cousas a un profesional disto que leva 30 anos procurando a mellor restauración posible de Nosferatu (sendo o maior experto mundial tanto nela en particular coma en Murnau en xeral), simplemente, creo que neste caso concreto trabucouse e as súas explicacións non son consistentes co resto do seu traballo.


No comments:

Post a Comment

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...