20.11.10

musicamuda, novo blogue do pianista silente Jaime López


Jaime López, que tivo a amabilidade de participar en voceiros do silencio con este artigo, creou recentemente un blogue para amosar a súa música para filmes silentes, musicamuda. Como el mesmo di na presentación, isto supón unha guía para o seu traballo, o verdadeiro acompañamento musical para esas pezas prodúcese durante a proxección.

Quede simplemente a nova do nacemento deste sitio de temática silente, do que nos congratulamos. Se o paso do tempo así o aconsella, xa veremos de escribirlle artigo para Si1ente en uns e cer0s.

No tocante a Recanto Silente, estamos nun período de limpeza e acondicionamento, procurando botarlle ollo aos vellos escritos para pulilos un chisco, estou a traballar na sección de enlaces (completamente abandonada dende hai tempo), tamén cómpre unha revisión dos subtítulos (quedan adicións pendentes e certas correccións nos xa publicados). Ando a poñer ao día o que se espera que dea de si o Especial Murnau (que aínda medrará máis cando cheguemos a outros filmes). O ritmo de publicación, moi ao meu pesar, non vai mellorar.

No comments:

Post a Comment

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...