Aquí deixo o único texto autobiográfico que nos deixou Herr Plumpe, publicado aló polo 1928 en "Filmkünster. Wir über uns selbst". As imaxes son engadido meu.
![]() |
| Murnau caracterizado de Shakespeare. |
A guerra fíxome acudir á fronte como oficial de aviación. Cando finou o conflito, regresei aos escenarios e marchei a Suíza. Alí o cinema cruzouse no meu camiño dunha maneira peculiar. Cando estaba en Zúric e Berna, dirixín varias obras, a embaixada alemá contactou entón comigo para rodar filmes de propaganda. Esa actividade atrapoume de inmediato, ata o punto de que decidín dedicarme por completo ao cinema.
A miña primeira longametraxe foi Der Knabe in Blau, mais descoñezo se chegou a se estrear. Porén, a segunda si que triunfou; chamábase Satanas. Seguíronlle Der Bucklige und die Tänzerin, Der Januskopf con Conrad Veidt, Der Gang in die Nacht e Der brennende Acker con Eugen Klöpfer, Nosferatu, Phantom,
Schloss Vogelöd e Die Finanzen des Grossherzogs. Estes filmes xa me deran a coñecer antes de rodar as dúas películas con Jannings, Der letzte Mann e Tartüff, éxitos a nivel mundial. Despois fixen a miña última película en Alemaña, Faust, para a Ufa, antes de aceptar a oferta de Hollywood, porque creo que aínda me queda moito por aprender e América ofrecíame a oportunidade de seguir a desenvolver os meus plans artísticos. O meu filme Sunrise, é a mellor mostra do que quero dicir.
Schloss Vogelöd e Die Finanzen des Grossherzogs. Estes filmes xa me deran a coñecer antes de rodar as dúas películas con Jannings, Der letzte Mann e Tartüff, éxitos a nivel mundial. Despois fixen a miña última película en Alemaña, Faust, para a Ufa, antes de aceptar a oferta de Hollywood, porque creo que aínda me queda moito por aprender e América ofrecíame a oportunidade de seguir a desenvolver os meus plans artísticos. O meu filme Sunrise, é a mellor mostra do que quero dicir.Tento explorar novos camiños artísticos en cada filme para atopar novas formas de expresión. Por outra banda, sonvos da opinión de que se o director afonda no proxecto, no canto de preocuparse pola especulación pecuniaria, terá repercusión."

0 comentarios:
Post a Comment