Acaba de saír á venda outro libro sobre o cinema de F.W. Murnau, desta volta, dun vello coñecido do blogue. Antonio Belmonte, co que conversaramos sobre o seu blogue Pasión Silente e outras silandeiras cuestións, vén de sacar con Ártica Editorial o libro Murnau. La luz inquieta. O propio autor o define como "unha modesta monografía sobre Murnau de cariz divulgativo, dirixida a un lector non necesariamente cinéfilo". Unha das súas particularidades respecto a outros traballos sobre o de Bielefeld, é que presta especial atención ao seu legado cinematográfico. Pouco máis vos podemos dicir polo momento, podedes ler en liña a introdución e tamén dende a propia web da editorial, mercalo online. Durante a vindeira semana chegará ás librarías, non haberá problemas para adquirilo en Barcelona e Madrid e incluso o poderedes atopar en países da América latina, México (Grupo Colofón) e Arxentina (librarías Guadalquivir), concretamente. Polo momento descoñécese se tamén chegará ás librarías galegas, estaremos á espreita (remitímosvos ao blogue Pasión Silente para estar ao día das novidades). Sería de esperar, pero xa sabemos que andamos con moito atraso en todo, que lle adiquemos un artigo en Do celuloide á celulosa unha vez lido. Moita sorte a Antonio nesta aventura!21.4.11
Murnau. La luz inquieta. Xa á venda.
Acaba de saír á venda outro libro sobre o cinema de F.W. Murnau, desta volta, dun vello coñecido do blogue. Antonio Belmonte, co que conversaramos sobre o seu blogue Pasión Silente e outras silandeiras cuestións, vén de sacar con Ártica Editorial o libro Murnau. La luz inquieta. O propio autor o define como "unha modesta monografía sobre Murnau de cariz divulgativo, dirixida a un lector non necesariamente cinéfilo". Unha das súas particularidades respecto a outros traballos sobre o de Bielefeld, é que presta especial atención ao seu legado cinematográfico. Pouco máis vos podemos dicir polo momento, podedes ler en liña a introdución e tamén dende a propia web da editorial, mercalo online. Durante a vindeira semana chegará ás librarías, non haberá problemas para adquirilo en Barcelona e Madrid e incluso o poderedes atopar en países da América latina, México (Grupo Colofón) e Arxentina (librarías Guadalquivir), concretamente. Polo momento descoñécese se tamén chegará ás librarías galegas, estaremos á espreita (remitímosvos ao blogue Pasión Silente para estar ao día das novidades). Sería de esperar, pero xa sabemos que andamos con moito atraso en todo, que lle adiquemos un artigo en Do celuloide á celulosa unha vez lido. Moita sorte a Antonio nesta aventura!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
0 comentarios:
Post a Comment