12.1.14

Deica logo, Recanto silente; ola, Andrómenas




Non me porei cerimonioso. Hai sete anos e medio que botaba a andar este recanto, os últimos xa nun estado evidente de abandono, non botarei o fecho, mais dou por finalizada esta andadura. Poderase seguir consultando o material publicado mentres exista Blogger, de aquí non se ha de mover.

A boa nova —ou mala— é que seguirei escribindo sobre cinema silente no meu novo blogue: Andrómenas. A diferenza deste, Andrómenas non é un sitio temático, o silente compartirá espazo coa miña literatura e moitas outras inquedanzas. En Recanto Silente deuse o paradoxo de que sendo un sitio escrito en galego, a meirande parte de accesos e comentarios foron noutros idiomas. Ao estar a nova páxina nunha hospedaxe de meu, podo fornecer unha tradución de cada artigo ao castelán —aínda que seguirán estando escritos primeiro en galego— das miñas xemas e pulsacións, nada de porcalladas de tradutores automáticos. Vémonos alí se así o queredes; xa que estamos, tamén quedades invitados a tomar un anaco de empanada de risado en Denantes, un proxecto de serie literaria na rede que intensifiquei ao tempo que Recanto Silente foi perdendo pulos e que ten moito que ver tamén co cinema mudo.

Moitas grazas por todo.

PD: Como non me gustaría que Recanto Silente quedase para sempre con esta triste mensaxe en cabeza, eu de vós non eliminaría aínda o sitio do voso lector de feeds, tal vez se coe algunha publicación furtiva no futuro.

No comments:

Post a Comment

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...